Saltar navegación

Actividade 3

Creamos o grupo musical

Un grupo musical soe estar formado por 3, 4 ou 5 compoñentes.

Para crear o noso grupo teremos que analizar as preferencias musicais e profesionais dos nosos compañeiros e compañeiras e

3tentar escoller os membros en función do que poden aportar ao noso grupo.

Cada grupo debe organizarse seguindo estas premisas:

  • De 3 a 5 membros

  • Preferencias musicais semellantes

  • Instrumentos musicais e cantantes diferentes que se complementen

  • Diferentes profesións musicais

  • Lugares de traballo semellantes

Suxestión

Se analizamos as respostas de cada un de nós na Enquisa Musical da actividade 1 seranos moi fácil crear o noso grupo.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0