Actividades

ACTIVIDADE DAS LETRAS GALEGAS PARA 4ºESO E 1º BACHARELATO

25/05/2009 00:00

Encontro co escritor Bali Rai, autor de 

Un casorio ben mal amañado, na Aula de usos múltiples do IES de Brión

ACTIVIDADE DAS LETRAS GALEGAS PARA 2º ESO

19/05/2009 11:40
19/05/2009 17:51

No centro social Polivalente terá lugar a seguite actividade para o alumnado de 2º da ESO

CONTOS, LENDAS, HISTORIAS por Fusa Guillén.

Ir a FUSA GUILLÉN

VISITA A MARDELIRA

21/04/2009 00:00
21/04/2009 14:00

O vindeiro día 21 o alumnado de 1º de ESO irá a coñecer o proxecto Mardelira. 


 MARDELIRA: UN PROXECTO DE PESCA SUSTENTABLE

A confraría de pescadores de Lira, diante da crise da pesca artesanal desenvolve un proxecto para lograr a súa sustentabilidade que actúa en tres eixos: o económico, o social e o medioambiental.

Neste proxecto agrúpanse diversas actuacións que van desde a venda de peixe por internet, a creación dunha reserva mariña de interese pesqueiro, o desenvolvemento do turismo mariñeiro ou ao taller de pesca onde se da a coñecer a cultura mariñeira aos escolares e á sociedade.

ACTIVIDADES DO PROXECTO COMENIUS

25/03/2009 11:10
03/04/2009 11:36

Visita do alumnado e profesorado de Falmer High School de Brighton (Reino Unido) a Brión. Nova no Correo galego

O programa de actividades podes descargalo no seguinte documento adxunto

CONCERTO DIDÁCTICO "METÁLICOS"

02/04/2009 00:00
02/04/2009 14:00

O alumnado de 2º de ESO e os participantes no Proxecto Comenius asistirán ao concerto didáctico "Metálicos", organizado polos departamentos de Música e Educación Física 

CINENSINO

16/03/2009 11:39
16/03/2009 14:00

O alumnado de 1º da ESO asistirá á proxeción da película "El niño de Marte" na Casa da Cultura de Bertamiráns dentro do programa Cinenesino, organizado polo departamento de Orientación

VISITA ÁS INSTALACIÓNS DA CRTVG

25/03/2009 00:00
25/03/2009 12:30

Visita ás instalacións da CRTVG para o alumnado de 4º de ESO, organizada polo departamento de Lingua Galega

VISITA ÁS INSTALACIÓNS DA CRTVG

18/03/2009 00:00
18/03/2009 12:30

Visita ás instalacións da CRTVG organizada polo departamento de Lingua Galega para 1º de Bacharelato

REPRESENTACIÓN TEATRAL NO TEATRO PRINCIPAL

18/03/2009 10:30
18/03/2009 14:00

Asistencia á representación no Teatro Principal da obra "Entremeses" de Cervantes para alumnado de 3º de ESO gupos A, B, C e PDC, organizada polo departamento de Lingua Castelá.

CONCERTO DIDÁCTICO NO PAZO DA ÓPERA

17/03/2009 00:30
17/03/2009 18:00

O departamento de Música organiza a saída ao concerto didáctico "O paxaro de Lume" de Stravinsky, versión Fernando Palacios para o alumnado de 3º de ESO de Música

Distribuir contido