Actividades

ACTIVIDADES DAS LETRAS GALEGAS

O programa de actividades na semana das Letras Galegas é o seguinte:

  • Actividade de reinvindicación da lingua e concerto musical a cargo do grupo "Ataque Escampe" na Carballeira de Santa Minia de Pedrouzos, o Venres, 21 de Maio, para o alumnado de 3º de ESO e 1º de Bacharelato de 12:25 a 13:15
  • Contacontos a cargo de Celso Sanmartín, "Bicoca de boca en boca ou contos que non falten",o martes 25 de Maio de 11.25 a 12:45 no Centro Social Polivalente de Brión, para o alumnado de 1º e 2º da ESO
  • "Ventos", espectáculo ao redor de poemas de Celso Emilio Ferreiro a cargo de Pífano Teatro para 3º e 4º da ESO, o Mércores 26 de Maio de 11:25 a 12:35.

 

DIGNIFICACIÓN DO GALEGO ORAL

28/04/2010 20:00
28/04/2010 22:00

Hoxe, mércores 28 de abril, ás 20:00 h. está programada unha conferencia a cargo de X. M. Beiras titulada "Dignificación do galego oral".

Este acto, enmarcado nas xornadas de oralidade que se están a desenvolver no centro, está aberto a toda a comunidade escolar e ao público en xeral.

 

CHARLA SOBRE USOS E RISCOS DE INTERNET PARA NAIS E PAIS

27/04/2010 19:30
27/04/2010 20:30

O centro organiza a charla sobre usos e riscos de Internet para nais e pais de alumnos e alumnas dentro do Plan Director de Convivencia e mellora da seguridade escolar da Comandacia da Garda Civil da Coruña

XORNADAS DE ORALIDADE

Dentro da actividade anual que este curso estamos desenvolvendo ao redor da oralidade están programadas unhas xornadas para os vindeiros 27 e 28 de abril co seguinte programa: 

Martes 27 en horario lectivo.

Arduino e outros proxectos de Tec. Ind.

2º Bach / 4º ESO

3º h.

Aula de teatro.

Proxección da montaxe do curso 2008/09

1º ESO

3º h.

Videotitoriais Tecnoloxía

3º ESO / 4º A inf.

4º h.

Proxecto cociña solar

(se o tempo o permite)

1º Bach

5ª h.

Proxecto cociña solar

(se o tempo o permite)

2º ESO/1º Bach

6ª h.

Obradoiro de regueifa

1º ESO

8ª h.

Memoria histórica

Andrés Domínguez

1º Bach. , 2º Bach.

8ª h.

 

Mércores 28 en horario lectivo.

Lendas, contos, teatro

1º ESO

1ª h. e 2ª h.

Contacontos

María da Pontragha

3º ESO

3ª h.

Lendas, contos, teatro

2º ESO

4º h.

Eva Veiga

4º ESO

5ª h.


Mércores 28 fora do horario lectivo.


Conferencia aberta a toda a comunidade escolar e público en xeral.


Dignificación do galego oral. A cargo de Xosé Manuel Beiras. 20:00 h.


Exposicións:


55 Mentiras sobre a lingua galega

Trece poetas e músicos.

SAÍDA AO RÍO PEGO

20/04/2010 13:15
20/04/2010 16:15

O departamento de Bioloxía organiza unha saída de inspección de Primavera ao Río Pego dentro do PROXECTO RÍOS, para o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía o Martes, día 20 de 13:15 a 16:15, acompañados pola profesora Laura Fernández

CHARLA SOBRE USO E RISCOS DE INTERNET

27/04/2010 19:30
27/04/2010 20:30

O Martes, 27 de Abril ás 19:30 terá lugar a charla: "Usos e riscos de Internet" do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade escolar, para as nais e pais de alumnos/as do centro.

CHARLA SOBRE O USO DE INTERNET

20/04/2010 00:15
21/04/2010 11:15

O instituto organiza unhas charlas sobre o uso e riscos de Internet dentro do Plan Director de convivencia e mellora da seguridade escolar da Comandancia da Garda Civil de A Coruña.

A actividade está organizada para todo o alumnado na aula de usos múltiples co seguinte horario:

DÍA 

 HORA

 SESIÓN

CURSOS 

GRUPOS 

 Martes, 20 de Abril  9:15 a 10:10  2ª  2º ESO  A,B,C
 Martes, 20 de Abril  10:25 a 11:15  3ª  3º ESO  A, B, C, PDC
 Martes, 20 de Abril  11:15 a 12:10  4ª  4º ESO  A, B, PDC
 Mércores, 21 de Abril  9:15 a 10:10  2ª  1º ESO  A,B,C
 Mércores, 21 de Abril  10:25 a 11:15  3ª  1º e 2º BACH  BACHARELATO

O Martes, 27 de Abril ás 19:30 terá lugar a charla: "Usos e riscos de Internet" para as nais e pais de alumnos/as do centro

VISITA AO INSTITUTO DE MEDICINA LEGAL

16/04/2010 00:15
16/04/2010 12:25

O departamento de Bioloxía organiza unha visita ao Instituto de Medicina Legal na Facultade de Medicina de Santiago para o alumnado de Bioloxía de 1º e 2º de Bacharelato o día 16 de Abril de 9:15 a 12:25 horas

ENSAIO DA ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA

16/04/2010 00:30
16/04/2010 17:00

O departamento de Música organiza unha saída didáctica para asistir ao ensaio da O.S.G. no Pazo da Ópera da Coruña para o alumnado de 4º de ESO de Música o Venres 16 de Abril de 9:30 a 17:00 horas. O programa inclúe a obra "Variacións Enigma" de E. Elgar"

MEDIACIÓN ESCOLAR

21/04/2010 11:15
21/04/2010 13:15

O departamento de orientación organiza unha xornada de mediación escolar na aula de usos múltiples para informar ao alumnado de 1º de ESO da mediación entre iguais.  A actividade desenvolverase nas 4º e 5ª sesións do Mércores 21 de Abril.

Distribuir contido