Actividades

CONTOS DE MEDO POLO SAMAÍN

O Departamento de Lingua e Literatura Galega colaborou co CEIP de Pedrouzos nunha actividade de contacontos na que participaron alumnos e alumnas de 1º de ESO.

O xoves e venres, 29 e 30 de outubro, aproveitando a celebración do Samaín, parte do alumnado de 1º ESO achegouse ata o colexio para contar historias e lendas de medo.

Acceso á nova na páxina do CEIP de Pedrouzos.

LA DAMA BOBA

18/11/2009 00:45
18/11/2009 14:00
   O alumnado de 1º de bacharelato achegarase ata A Coruña para acudir á representación da comedia de Lope de Vega La dama boba.

Esta actividade está programada polo Departamento de Lingua e Literatura Castelá.

 

PYGMALION

17/11/2009 10:25
17/11/2009 13:15

   O alumnado de 1º de Bacharelato poderá disfrutar o vindeiro día 17 de novembro da representación de Pygmalion no Tearto Principal de Santiago de Compostela.

A actividade está programada polo Departamento de Inglés.

ENSAIO OSG. / RUTH M. ANDERSON

12/11/2009 00:15
12/11/2009 18:00

   O alumnado de 3º ESO e 1º PDC acudirá o vindeiro día 12 de novembro a audición dun ensaio da OSG da obra de Silvestre Revueltas "La noche de los Mayas" e a exposición da fotógrafa Ruth M. Anderson. Ambas actividades terán lugar en A Coruña. As actividades están programada polos Departamentos de Música e Lingua e Literatura Galega.  

REPRESENTACIÓN DE TEATRO "TOUCHÉ" PARA 3º, 4º E BACHARELATOS

02/12/2009 10:30
02/12/2009 13:00

O departamento de Francés organiza para o alumnado de Francés de 3º, 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato a asistencia á representación teatral "Touché" que terá lugar no Colexio "La Salle" de Santiago.

REPRESENTACIÓN DA OBRA "COMEDIA BÍFIDA" PARA 1º E 2º DE BACHARELATO

03/11/2009 08:25
03/11/2009 12:45

O alumnado de 1º e 2º de Bacharelato asistirá á representacción da obra "Comedia bífida" de Manuel Núñez Singala, en Carballo.

A actividade está organizada polo departamento de Lingua Galega.

 

Saída ao río Pego, dentro do Proxecto ríos

20/10/2009 13:15
20/10/2009 16:15

Saída do alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO ao río Pego para inspección e estudo do ecosistema, dentro do Proxecto ríos.

¡Estrea mundial da adaptación de ANIMALIÑOS no instituto de Brión!

O xoves 4 de maio estréase unha adaptación, feita por Beatriz Graña profesora de apoio e directora do grupo de teatro do IES de BRION, de "Animaliños". Nesta representación participará alumnado de 1º da ESO do propio instituto, e quere servir de homenaxe ao seu autor: Roberto Vidal Bolaño. Tamén supón a nosa participación, por terceiro ano consecutivo, no programa Caixa Escena de la Fundación La Caixa, xunto a outros institutos de Galicia e de España.

Grazas a todos os que colaboraron connosco.

 

Estamos a piques de representar a adaptación de "Animaliños"

O grupo de Teatro do IES de BRION está a rematar os ensaios de "Animaliños" de Roberto Vidal Bolaño.

A directora do grupo de Teatro Beatriz Graña Barcia, fixo varias adaptacións da obra: a primeira, ao comezo do curso, cando se fixo o "casting" ; a segunda, cando algúns alumnos e alumnas  non se responsabilizaron dos seus compromisos e deixaron de vir aos ensaios, por tal motivo houbo que "adaptar" a adaptación..., e por último, cando xa non tiñamos esperanzas de poder representar a obra, chegou a primavera e con ela máis actores, todos de 1º da ESO...

As datas da representación, que será no propio instituto, están por decidir. ¡Estade atentos!

ACTIVIDADE DAS LETRAS GALEGAS PARA 3º DE ESO

26/05/2009 11:40

 PERFORMANCE SOBRE RAMÓN PIÑEIRO (3ºESO)

(Serafín Marcos).

Ir a Serafín Marcos

A actividade terá lugar no Centro Social Polivalente de Brión

Distribuir contido