Estruturas Secuenciais

As estruturas secuencias son estruturas onde as ordes (ou comandos) estan ordeadas para conseguir o resultado. Así para cepillarse os dentes é necesario:

  • Coller a pasta de dentes
  • Sacarlle o tapón
  • Coller a o cepillo de dentes
  • Botar a pasta no cepillo...

Son as estruturas de programación máis sinxelas.

"Case un fontaneiro"

Facer un recorrido:

O programa que se ve no vídeo ten estrutura secuencial. O obxecto recorre o circuíto dibuxado no escenario. Realiza un similar.

recorrido



Obxectivos

Facer un programa con estrutura secuencial

Debuxar no escenario

Ter dous escenarios

Cambiar entre escenarios

diagrama de fluxo recorrido

Obxecto

Escollido da biblioteca

Encollido (ver truco2)

Empeza sempre na mesma posición (no inicio do recorrido)
Escenario Inicial Recorrido debuxado con liñas horizontais e verticais que vaian da esquina inferior esquerda ata a superior dereita.
Palabra “inicio”  ou “saída” ao principio do recorrido Palabra “fin” ou “meta” ao final do recorrido
Final Con frase de ánimo e decoración de festa por facer o recorrido.
Para iniciar o programa bandeira verde
Comandos necesarios trocar fondo trocar yagardar
trocar x por amosaragocharir a x e y

Dende o teclado podes variar os numeros que aparecen por defecto.

Escolle un obxecto e botalle un vistazo ao truco 2 (máis abaixo)

Necesitas que o escenario teña dous fondos: Un onde está o recorrido ( que tes que debuxar ti) e un segundo para acabar (que poña a frase "moi ben" ou o que queiras).

Preme aquí se necesitas axuda

Truco 2: Facer máis pequeno o obxecto

Para o recorrido  necesitas un obxecto. Se o obxecto o escolles da biblioteca (ou o debuxas, ou o importas do ordenador) e é moi grande como vas facer para diminuir o seu tamaño?

"O nome animado"

Escribe o teu nome letra a letra:
Como programa para afianzar os contidos, imos facer é que o teu nome apareza no escenario letra a letra. Para elo imos usar as letras que veñen como obxecto en Scratch.

Ecolles as letras que forma o teu nome e ao premer a bandeira verde irá aparecendo dunha en unha, por orde ata que aparece o teu nome. Despois faras que se vaian polo lado dereito do escenario, tamén dunha e unha.

nome

Obxectivos

Realizar un programa con estrutura secuencial

Secuenciar e sincronizar diferentes obxectos

Obxecto

Tantos como letras teña o teu nome

Escollidos da biblioteca

Pódense personalizar

Ao inicio e ao final do programa non poden estar no escenario
Escenario Único De cor branco, outra cor, con debuxo, escollido da biblioteca de Scratch....
Para iniciar o programa bandeira verde
Comandos necesarios agardariraxy esvararamosaragochar

O son é opcional. Para engadir son ver truco 3

Se necesitas axuda preme aquí

Truco 3: Como engadir son?

Como podemos engadir un son (da biblioteca de sons de Scratch)?

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0