Curso 2016-2017

Charla informativa para 2º de bacharelato

O vindeiro mércores 14 de decembro e para o alumnado de 2º de bacharelato haberá unha charla informativa dos estudos que ofrece a Universidade da Coruña.Será contra as 17:00 no Salón de actos.

Saúde e Terra, irmá(n)s!

O alumnado de 4ºESO visita este martes 25 de outubro a cidade de Ourense nunha saída didáctica organizada polo departamento de Lingua Galega e Literatura coa colaboración da ANPA As Gaiandas. De mañá o alumnado visitará a exposición "", que conmemora o centenario do nacemento das Irmandades da Fala (1916-2016), e alí terán que buscar as respostas a unha ficha de preguntas preparada polas súas profesoras, Araceli González e Concha Costas. Ademais, organizados en grupos, os alumnos e alumnas realizarán un percorrido literario pola cidade a través dun xogo de pistas que os achegará a espazos de referencia de autores como Vicente Risco, Otero Pedrayo, Alexandre Bóveda, Lamas Carvajal, Blanco Amor, Carlos Casares... Logo de xantar en Ourense, o grupo desprazarase ata Trasalba, onde farán unha visita guiada á Casa Museo de Otero Pedrayo. Con esta saída vanse ampliar e reforzar moitos dos contidos traballados na materia de Lingua Galega e Literatura neste primeiro trimestre.

Limpeza de ríos

Proxecto Ríos organiza con diferentes entidades unha limpeza simultánea dos ríos galegos. En Gondomar, coa Asociación ecoloxista A Groba, Asociación Cultural Pedraghullo e a Asociación de veciños de Vincios.

Limpeza de ríos

Proxecto Ríos organiza con diferentes entidades unha limpeza s

Datas e hora de presentación do curso 2016/17

O vindeiro día 15 de setembro, terá lugar a presentación do curso 2016-17, ás 11:30 da mañá e rematará sobre as 13:00 para todos os cursos (ESO e Bacharelato)

Haberá transporte escolar, que sairá con tempo suficiente  da cabeceira para estar a tempo no instituto.

Datas de Matrícula

O prazo de matrícula para o curso 2016/17 do alumnado que aprobou tódalas materias en xuño, remata o día 12 de xullo.

 


 

 

Distribuir contido