Charla sobre ciberseguridade

Hoxe recibimos a visita de Juan González Martínez (responsábel de seguridade e privacidade de Gradiant) e de Marta Sestelo (investigadora en sistemas intelixentes en rede de Gradiant e profesora da Universidade de Vigo) para falarnos de ciberseguridade.
A charla, demostracións e consellos foron magníficos e interesantísimos. A verdade é que o pasamos moi ben.
Moitas grazas por vir!