Dinamización poética de novembro

O próximo xoves 29 de novembro terá lugar durante o recreo a segunda actividade de dinamización poética que organiza o departamento de Lingua Castelá e Literatura no patio interior do instituto co obxectivo de achegar a poesía ao alumnado. Nesta ocasión será unha performance poético-teatral sobre o machismo, na que van participar dez alumnos e alumnas de 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato. A proposta, que leva por título "Palabras por ti, mujer", incluirá música e poemas de autoras e autores como Elena Medel, Begoña Abad, Erica Mann Jong, Laura Casielles, Sofía Castañón, Alba González Sanz, Ana Pérez Cañamares, Elvira Sastre, Sara Herrera Peralta, Gioconda Belli, Ángeles Mora, Ana Rossetti, Ana Romaní, Carlos Negro, Luis Alberto de Cuenca e Agustín García Calvo.