CMC. Día de Carl Sagan e Symphony of Science.

  

Hoxe venres conmemórase, de maneira informal, o Día de Carl Sagan. Quérese celebrar o nacemento do astrónomo, cosmólogo e divulgador da ciencia (09.11.1934).

 

 

Como sabedes Sagan faleceu en 1996. Moitos coñecédelo pola serie de TV Cosmos. Foi ademais o autor de Contact.

 

 

 

En You Tube están colgados unha colección de vídeos de divulgación científica chamada Symphony of Science. É un proxecto musical e videográfico do músico electrónico John Boswell. En Symphony of Science aparecen os maiores (e mellores) divulgadores da ciencia de finais do século XX e principio do XXI coas súas voces retocadas. O resultado final é moi fermoso. O primeiro deles, A Glorious Dawn, foi no seu día o vídeo musical máis visitado de You Tube (até agora leva case oito millóns de visitas).

 

 

Para ver a serie case completa (falta un capítulo) preme aquí. O último dos vídeos está aquí.

 

Cada vídeo ten unha duración aproximada de catro minutos e paga a pena botarlles unha ollada.