Volven as sesións do Club da Igualdade

Este próximo luns 30 de outubro, de 15:30 a 16:45, temos a primeira sesión do Club da Igualdade deste curso. Nesta ocasión imos falar, debater e compartir opinións sobre un tema que está moi de actualidade por moitas razóns: "Muller e fútbol".

Contaremos coa presenza de dúas exalumnas: Emma, xogadora do Mos CF, e Ildara, moitos anos xogadora en varias categorías. Tamén con Elena e Belén, árbitras. E esperamos que veñan moitas das alumnas que xogan nos equipos do Val Miñor (Lóstrego, Gondomar, Vilariño…). Agardámosvos a tod@s o luns, non faltedes! Por certo, o cartel desta primeira sesión, estupendo, é de Samu Piñeiro de 2º ESO.