Achégase o Samaín

Desde a Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) propóñennos varios concursos e actividades agora que se achega o Samaín: 

 

- Chega o medo co Samaín. Concurso de relatos de medo e de poemas con imaxe. Prazo de entrega de traballos: 27 de outubro.

- Ti tes a última palabra! I Certame de epitafios en galego, castelán, latín, francés, inglés ou portugués. Colaboran os departamentos de Latín e de Lingua Galega. Prazo: 31 de outubro.

- Concurso de cabazas de Samaín e Halloween e de cestas de outono, coordinado polo departamento de Inglés. Prazo: luns 30 e martes 31.

 

Ademais, o alumnado da materia Proxecto Competencial de 1º e 2º ESO, coa colaboración do departamento de Educación Plástica, está a preparar unha decoración do patio central na que se recrean distintas formas de enterramento ao longo da Historia.

 

A entrega de premios dos distintos concursos terá lugar no recreo do venres 3 de novembro. Animádevos a participar!