Datas de referencia do final do curso 2022-2023
Mércores 21 de xuño:
- Último día de clase na ESO (haberá clase no horario habitual).
- Último día de exames da convocatoria extraordinaria no Bacharelato.
ENTREGA DOS BOLETÍNS DE NOTAS:
a) Bacharelato: Luns 26 de xuño, ás 11:00 h
As cualificacións de 2º Bach. serán publicadas mediante a aplicación Abalar antes da entrega dos boletíns, o venres 23 de xuño ás 17:00 h.
As cualificación de 1º Bach. serán publicadas a través de Abalar despois da entrega dos boletíns, o 26 de xuño ás 17:00 h.
b) ESO Luns 26 de xuño, ás 12:00 h
As cualificación da ESO serán publicadas a través de Abalar despois da entrega dos boletíns, o 26 de xuño ás 17:00 h.
PRAZOS DE RECLAMACIÓN:
a) ESO e 1º Bach:
§Reclamación ante o centro: 27 e 28 de xuño.
§Decisión de ratificación ou modificación da cualificación: 29 de xuño.
§Comunicación da decisión aos reclamantes: 30 de xuño (se non foi precisa reunión extraordinaria sobre a decisión de promoción ou titulación) ou 3 de xullo (se foi precisa).
§Reclamación ante a Xefatura territorial, se persiste o desacordo: nos dous días hábiles seguintes á comunicación da decisión.
b) 2º Bach. e materias pendentes de 1º Bach:
§Reclamación ante o centro: 26 e 27 de xuño.
§Resolución dos departamentos e comunicación aos reclamantes: 28 de xuño.
§Reclamación ante a Xefatura territorial, se persiste o desacordo: 29 e 30 de xuño.
PRAZO DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2023/24:
Do 21 de xuño ao 10 de xullo de 2023. Na web do centro están publicadas as datas de matrícula preferente segundo os cursos, os impresos de matrícula e os impresos de solicitude de transporte.