Dicimos NON á violencia contra as mulleres
Enviado por admin o Lun, 22/11/2021 - 21:02
No IES Auga da Laxe dicimos NON á violencia contra as mulleres nas súas diferentes manifestacións. Esta semana un grupo de alumnos e alumnas do Club da Igualdade atenderá nos recreos un stand no que se convida a alumnado e profesorado a reflexionar sobre todas as formas de violencia machista e a plasmar nunha tarxeta a que queren dicir NON. Todas esas tarxetas iranse expoñendo no patio central do instituto.