Autismo e xénero no Club da Igualdade

Este próximo luns día 8, de 15:30h e 16:45h, teremos a sesión do Club da Igualdade do mes de novembro, na que falaremos de autismo e xénero. Contaremos coa presenza de Mónica Menéndez, que nos falará, desde a súa experiencia como muller e Asperger, da forma especial de percibir o mundo das persoas neurotípicas, así como das relacións entre xénero e espectro autista. Presentamos esta sesión cun fermoso cartel elaborado por Uxía Lameiro, alumna de 3ºESO-A, a quen lle agradecemos o seu magnífico traballo.
Lembrade que, se ides quedar o luns á sesión e queredes coller na cafetería algo para comer, tedes que encargalo este venres. Vémonos o luns!