Sesión do Club da Igualdade sobre persoas trans

O Club da Igualdade vai celebrar unha sesión sobre as persoas trans o próximo luns 18 de outubro, de 15:30h a 16:45h na biblioteca. Será unha charla-coloquio na que, ademais de contarmos coa presenza de alumnado trans do instituto que falará da súa experiencia persoal, participarán tamén outras dúas persoas convidadas:  Iria Misa, escritora concienciada coa realidade dos nenos e nenas trans e ex alumna do Auga da Laxe, e León Álvarez Albarenga, estudante do Mestrado de Avogacía na Universidade de Vigo, licenciado en Dereito Internacional pola Universidade de Glasgow, e persoa trans non binaria, que nos vai falar da recente "lei Trans" (Ley para la igualdad efectiva de las personas trans y para la garantía de los derechos de las personas LGTBI) que regula, entre outras cousas, a autodeterminación de xénero. A sesión, aberta a todo o alumnado e profesorado, quere favorecer a reflexión arredor do respecto á diversidade e da igualdade de dereitos entre todas as persoas. Acompañamos a difusión da actividade cun cartel realizado por Álex P.

AdxuntoTamaño
cartel181021.png633.94 KB