Charlas do departamento de Economía

O departamento de Economía organizou este mes dúas charlas dirixidas ao alumnado das materias Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial de 4ºESO e Economía de 4ºESO e 1º e 2º Bach. Na primeira delas, impartida pola Asociación de Jóvenes Empresarios da provincia de Pontevedra, explicáronse os servizos que a asociación lles ofrece aos novos emprendedores e mostráronse un par de exemplos de emprendemento de éxito: Aura, unha empresa de formación de auxiliares de voo, e Versos de A Ruda, dedicada á fabricación e comercialización de sobremesas caseiras. A segunda das charlas, "Ser emprendedor, unha forma de vida", foi impartida por Alberto Ferreiro Barreiro, mentor e formador de emprendedores na consultora Reimpulse Mentoring, e serviu para coñecer as actitudes e as claves que ten que ter un emprendedor para acadar o éxito persoal e empresarial. Este programa de conferencias continuará no mes de xaneiro con dúas novas propostas.