Blogues

Convocadas probas de acceso a ciclos formativos de grao medio

Prazo de presentación de solicitudes: do día 26 de febreiro ao 6 de marzo de 2024, ambos incluídos.

Requisitos: ter 17 anos ou cumprilos no 2024 e non estar en posesión do título de Graduado en ESO.

Máis información: https://www.edu.xunta.gal/fp/acceso-grao-medio-convocatoria-actual

 

Día de Rosalía 2024

Este próximo venres 23 de febreiro, se o tempo o permite, o IES Auga da Laxe celebrará de 11:20h a 12:00h un acto na praza Rosalía de Castro de Gondomar, no que se incluirán diferentes propostas desenvolvidas polo noso alumnado da ESO: lectura do manifesto da AELG, de Carlos Callón, baixo o lema “Rosalía: o amor da patria galega”; lectura de varios poemas de Rosalía; interpretación do poema “Adiós r

Axudas para estadías lingüísticas no estranxeiro no verán de 2024 para alumnado de Bacharelato

Este pasado luns 12 de febreiro publicouse no DOG unha orde pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no verán de 2024 destinadas a alumnado de Bacharelato. O prazo de solicitude remata o 12 de marzo. Pódese acceder a toda a información relativa á convocatoria e ao procedemento de solicitude na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

Para acceder ao texto da orde no DOG:

Entroido 2024

Ante a suspensión do desfile escolar de entroido do Concello de Gondomar, pola previsión de chuvia, facemos unha modificación da programación do venres 9, que quedaría como segue:

9:30h-11:00h. Clase e rexistro de asistencia

Orde sobre o uso dos móbiles nos centros educativos

O pasado xoves 4 de xaneiro a Consellería de Educación publicou unha Orde sobre uso dos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos.

Cifras e Letras 2023

Este próximo xoves 21 de decembro teremos un programa de actividades especiais para despedir o ano antes das vacacións do Nadal. Logo de pasar o control de asistencia nas aulas ás 9:30h, celebrarase unha nova edición do Cifras e Letras, un concurso no que participan equipos de alumnado e profesorado resolvendo diferentes probas de palabras e de números. Haberá tamén un obradoiro de papiroflexia, coordinado polas profesoras do departamento de Matemáticas, e teremos un partido de Street basket entre un equipo de profesorado e o equipo de alumnado gañador do torneo.

Distribuir contido