Blogues

Programacións didácticas

En que consiste?

O intercambio con Canada é unha experiencia levada a cabo por profesores do centro no marco do programa PIALE.

Este programa consiste en itinerarios formativos para a mellora da competencia lingüística e comunicativa en lingua estranxeira do profesorado.

Datas de referencia da convocatoria extraordinaria de 2ºBach e calendario de exames

- Exames da convocatoria extraordinaria: 10, 11 e 12 de xuño.

- Comunicación das cualificacións: publicación en abalar o día 13 de xuño a partir das 18:00h e entrega de boletíns o día 14 de xuño ás 12:05h no instituto.

- Matrícula na ABAU (convocatoria extraordinaria): 14 e 17 de xuño.

- Solicitude de revisión das cualificacións no centro: 17 e 18 de xuño.

- Resolución da revisión no centro: 19 de xuño.

- Solicitude de reclamación ante a Dirección Territorial (se persistise o desacordo): 20 e 21 de xuño.

- ABAU extraordinaria: 2, 3 e 4 de xullo.

Axudas para libros de texto e material escolar

Convócanse as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial para o curso 2024/2025.

O prazo é dende o 21/05/2024 ata o 21/06/2024 (incluídos).

Poden acceder a toda a información na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Listaxes admisión alumnado

Foron admitidas todas as solicitudes de praza para o curso 2024/25, agás para 1º ESO. Neste curso foi necesario baremar debido a que recibimos máis solicitudes que as vacantes dispoñibles. Polo tanto, publícase no taboleiro interior do centro a seguinte información:

Equipo directivo 2021-2025

Directora: Concha Costas

Xefe de estudos: Francisco Albertuz

Secretaria: Cristina Álvarez

Vicedirector: Anxo Iglesias

Distribuir contido