Skip to Content

MAC (Mobilidade Alumnos Comenius)

MAC (Mobilidade Alumnos Comenius)

Alumnas MAC en Gante

Gante

Saben que son privilexiados. Aos 16 anos xa teñen o perfecto equilibrio entre o entusiasmo e a madureza que proporciona pasar tres meses lonxe da casa.

Madureza suficiente para recoñecer que a oportunidade de vivir unha experiencia como esta, tan enriquecedora e inesquecible, é debido a un esforzo conxunto: o deles, o das súas familias e o que nós, os seus profesores de aquí e de alí, temos que facer para realizar este "Erasmus para Secundaria", como se coñece popularmente este programa.

Iria e Aloia considéranse gantesas. Mentres percorremos as canles da SÚA cidade, teñen unha anécdota de cada recuncho : "Aquí vin o primeiro día", "naquela terraza ceei coa miña familia"... porque a súa familia, durante estes tres meses, é a de aquí. Fálanme sobre os seus pais, irmáns e avós, así, sen especificativos. Estamos en Gante e xa sabemos que se trata da familia de aquí, non da súa propia. Como farán os belgas e os italianos cando vaian a Galicia o vindeiro trimestre, que nos falarán dos seus pais e irmáns referíndose ás súas familias de acollida, as de A Guarda. Integración absoluta.

Sempre é así. Esa é a maxia.

Artigo escrito por Beatriz Tourón e publicado en http://macaguarda.tumblr.com/day/2013/11/14

Programa MAC 2013-2014.

Desde mediados de setembro, cinco alumnos e alumnas de 1º de bacharelato do IES A Sangriña están estudando en centros europeos grazas ao programa de Mobilidade de Alumnado Comenius. Iria Cadilla e Aloia Fernández están no Sint Pietersinstituut de Gante (Bélxica) e Xoel Martín, Alejandro Baldonedo e Nagore Fernández no IM Francesco Angeloni de Terni (Italia). No segundo trimestre partirá o alumnado seleccionado para ir a Madeira e recibiremos no IES A Sangriña aos alumnos belgas e italianos.

Podedes seguir o relato da súa experiencia a través do blog colaborativo http://macaguarda.tumblr.com/

GhentFotografía realizada pola alumna Aloia Fernández.

Visita ás Illas Cíes

20/03/2013 08:30
20/03/2013 19:30
Etc/GMT+2

Alumnado Comenius de Dinamarca e Portugal vista as Illas Cíes durante o día de hoxe, 20 de marzo de 2013.

Illas Cies Comenius

Clausura das clases de italiano impartidas por Alice Marchesi

15/06/2011 00:00
Etc/GMT+2

Esta semana clausúranse as clases de Italiano impartidas no Centro ao longo do curso 2010-11 pola Axudante linguística Comenius, Alice Marchesi, vinculado ao proxecto MAC (Movilidade de Alumnado Comenius) que se organizou en colaboración co IM Francesco Angeloni, de Terni (Italia) dentro dos Proxectos Internacionais nos que o Centro ven traballando.

Distribuir contido


by Dr. Radut