Skip to Content

Alumnas MAC en Gante

Gante

Saben que son privilexiados. Aos 16 anos xa teñen o perfecto equilibrio entre o entusiasmo e a madureza que proporciona pasar tres meses lonxe da casa.

Madureza suficiente para recoñecer que a oportunidade de vivir unha experiencia como esta, tan enriquecedora e inesquecible, é debido a un esforzo conxunto: o deles, o das súas familias e o que nós, os seus profesores de aquí e de alí, temos que facer para realizar este "Erasmus para Secundaria", como se coñece popularmente este programa.

Iria e Aloia considéranse gantesas. Mentres percorremos as canles da SÚA cidade, teñen unha anécdota de cada recuncho : "Aquí vin o primeiro día", "naquela terraza ceei coa miña familia"... porque a súa familia, durante estes tres meses, é a de aquí. Fálanme sobre os seus pais, irmáns e avós, así, sen especificativos. Estamos en Gante e xa sabemos que se trata da familia de aquí, non da súa propia. Como farán os belgas e os italianos cando vaian a Galicia o vindeiro trimestre, que nos falarán dos seus pais e irmáns referíndose ás súas familias de acollida, as de A Guarda. Integración absoluta.

Sempre é así. Esa é a maxia.

Artigo escrito por Beatriz Tourón e publicado en http://macaguarda.tumblr.com/day/2013/11/14



story | by Dr. Radut