Skip to Content

Certame de Poesía Xela Arias

Acto de homenaxe a Xela Arias e entrega de premios da VIII edición do Certame Literario

20/06/2014 20:00
Etc/GMT+1

Velaquí tendes o convite coa información sobre o acto de homenaxe a Xela Arias que terá lugar o vindeiro venres, 20 de xuño de 2014 ás 20:00 h no Fuscalho. Tamén se celebrará a entrega de premios, a escritora Marta Dacosta pronunciará unha conferencia sobre a autora homenaxeada e o grupo de teatro do Instituto, dirixidos por Alfredo Rodríguez, ofreceran un recital poético-teatral.

Bases do VIII Certame de poesía Xela Arias

Homenaxe a Xela Arias, hoxe en Vigo.

Unha década despois do seu pasamento, a AELG celebra hoxe, 11 de marzo de 2014, unha homenaxe en Vigo á poeta Xela Arias na que participarán poetas, músicos e persoeiros vinculados coa autora, entre eles Pilar Carro, promotora do certame poético Xela Arias do IES A Sangriña, e Alba Cid, poeta premiada no dito certame.

A AELG convida a todas e todos a acudir a este acto poético-musical de memoria.

Máis información nesta ligazón.

Gañadores e gañadoras do VII Certame de Poesía Xela Arias.

21/06/2013 19:30
21/06/2013 21:00
Etc/GMT+2

PREMIOS DO VII CERTAME DE POESÍA XELA ARIAS

Categoría A (de 12 a 15 Anos)

Primeiro premio: 150 € e publicación
Laura Espiño Dos Santos IES Nº 1 A Estrada

Segundo premio: 100 € e publicación.
Daniel García Outón, Colexio Obradoiro. A Coruña.

Categoría B (de 16 a 20 anos)

Primeiro Premio: 200 € e publicación.
Marcela Porto Mato, Colexio M. Peleteiro. Santiago.

Segundo premio: 150 € E Publicación.
Marcela Porto Mato, Colexio M. Peleteiro. Santiago.

Terceiro Premio: 100 € e publicación.
Claudia Cives Caamaño, IES Virxe Do Mar. Noia.

Os premios entregaranse o venres, 21 de xuño de 2013 ás sete e media da tarde no Centro Social Fuscalho. No acto literario ofrecerase unha aproximación á obra de Xela Arias e tamén se darán a coñecer os poemas dos mozos e mozas gañadores desta edición. As persoas asistentes recibirán un agasallo poético.

Distribuir contido


by Dr. Radut