Skip to Content

Gústache a investigación científica?

Se che gusta a investigación científica, o IES A Sangriña desenvolve o proxecto "MAR DE COÑECEMENTO" dentro dos contratos programa.

O proxecto de investigación aborda o estudo do medio mariño e conta coa colaboración do CAMPUS DO MAR da Universidade de Vigo. Nos últimos anos lévase afondado no coñecemento da actividade pesqueira da Guarda, na biodiversidade das nosas costas e no coñecemento do medio físico mariño e do entorno costeiro da Guarda. Asimesmo, o alumnado participante disfrutou de saídas ó Parque Nacional das Illas Atlánticas, experiencias de laboratorio na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo, etc.

A participación no proxecto está aberta ó alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO e é voluntaria. O programa de traballo tan só implica adicar un par de tardes ó mes, polo que non suporá unha sobrecarga na ocupación do tempo libre. 

Se queres participar fala co Profesor Juan Hermida na Xefatura de Estudos. 

Consulta o Blog do proxecto.

Concurso de gastronomía romana SATVRNALIA HODIE.

18/12/2013 10:00
18/12/2013 21:00
Etc/GMT+1

O recuncho dos tres erres

Durante as datas de Nadal o consumo de recursos na nosa sociedade sobe espectacularmente. Como consecuencia aumentan as emisións de CO2 e outros contaminantes (xerados tanto no proceso de fabricación dos bens de consumo como no transporte destes), crece a nosa pegada ecolóxica e agrávanse os impactos ambientais que as persoas xeran no medio.

Consciente desta problemática, o alumnado do Ámbito Científico e Matémático de 2º de PCPI e de 4º ESO C propúxose axudar a paliar os graves danos provocados por este consumo incontrolado, e para tal fin idearon un espazo, O recuncho dos tres erres, que pretende actuar sobre os tres erres da ecoloxía (redución, reutilización e reciclaxe), e no que ofrecen moi boas ideas para reducir o consumo e reutilizar ou reciclar refugallos. Convíndanos a todos e a todas a levalas a cabo! 

Visita á Escola de Minas da Universidade de Vigo.

15/11/2013 08:20
15/11/2013 14:00
Etc/GMT+1

Curso "Estuda con eficacia superando os bloqueos e a ansiedade"

15/01/2014 18:30
12/02/2014 19:30
Etc/GMT+2

Curso "Técnicas de estudo"

15/01/2014 16:30
12/02/2014 17:15
Etc/GMT+2

Curso "Motivación e éxito nos estudos"

15/01/2014 17:30
12/02/2014 18:15
Etc/GMT+2

Alumnas MAC en Gante

Gante

Saben que son privilexiados. Aos 16 anos xa teñen o perfecto equilibrio entre o entusiasmo e a madureza que proporciona pasar tres meses lonxe da casa.

Madureza suficiente para recoñecer que a oportunidade de vivir unha experiencia como esta, tan enriquecedora e inesquecible, é debido a un esforzo conxunto: o deles, o das súas familias e o que nós, os seus profesores de aquí e de alí, temos que facer para realizar este "Erasmus para Secundaria", como se coñece popularmente este programa.

Iria e Aloia considéranse gantesas. Mentres percorremos as canles da SÚA cidade, teñen unha anécdota de cada recuncho : "Aquí vin o primeiro día", "naquela terraza ceei coa miña familia"... porque a súa familia, durante estes tres meses, é a de aquí. Fálanme sobre os seus pais, irmáns e avós, así, sen especificativos. Estamos en Gante e xa sabemos que se trata da familia de aquí, non da súa propia. Como farán os belgas e os italianos cando vaian a Galicia o vindeiro trimestre, que nos falarán dos seus pais e irmáns referíndose ás súas familias de acollida, as de A Guarda. Integración absoluta.

Sempre é así. Esa é a maxia.

Artigo escrito por Beatriz Tourón e publicado en http://macaguarda.tumblr.com/day/2013/11/14

Visita ás instalacións de auga de consumo da Guarda.

11/10/2013 10:00
11/10/2013 13:00
Etc/GMT+2

O alumnado da materia de Tecnoloxía de 4º de ESO visitou as instalacións de captación, bombeo e almacenamento de agua de consumo do Concello da Guarda o pasado 11 de outubro de 2013.

Acompañados do seu profesor, Antonio Lomba Baz, e o Concelleiro de Servizos, Seguridade e Tráfico, Paulino Rodríguez González, tiveron a oportunidade de visualizar e entender máis en profundidade o proceso de extracción e adaptación de auga para o consumo, temario que están actualmente estudando na materia de Tecnoloxía.

Programa MAC 2013-2014.

Desde mediados de setembro, cinco alumnos e alumnas de 1º de bacharelato do IES A Sangriña están estudando en centros europeos grazas ao programa de Mobilidade de Alumnado Comenius. Iria Cadilla e Aloia Fernández están no Sint Pietersinstituut de Gante (Bélxica) e Xoel Martín, Alejandro Baldonedo e Nagore Fernández no IM Francesco Angeloni de Terni (Italia). No segundo trimestre partirá o alumnado seleccionado para ir a Madeira e recibiremos no IES A Sangriña aos alumnos belgas e italianos.

Podedes seguir o relato da súa experiencia a través do blog colaborativo http://macaguarda.tumblr.com/

GhentFotografía realizada pola alumna Aloia Fernández.

Distribuir contido


by Dr. Radut