Events
Ven | ||
---|---|---|
Convócanse seis bolsas para realizar una mobilidade de 80 días en Italia ou Portugal. Estas mobilidades teñen como obxecto a estancia formativa nunha empresa, estancia que será considerada como parte do módulo F.C.T. e, polo tanto, será acreditada dentro do Título de Técnico. Terán lugar entre abril e xuño de 2017, e pode solicitalas o alumnado dos seguintes ciclos formativos:
As solicitudes presentaranse entre o 11 de outubro e o 31 de outubro de 2016. Os interesados e interesadas presentarán aos seus titores ou titoras os seguintes documentos:
Start: 28/10/2016 08:20
End: 28/10/2016 14:00
O pasado 28 de outubro, a Biblioteca organizou unha xornada do terror para celebrar o Samaín. O alumnado de 1º e 2º de ESO leu historias de medo, historias que foron escritas nas aulas de Lingua Galega nos días anteriores e que podemos ler no blog da biblioteca. Na porta da biblioteca tiñamos un atril cun libro onde puidemos deixar escrita a palabra máis terrorífica da nosa lingua. Tamén houbo unha mostra de carteis elaborados nas aulas de Plástica e un expositor cos mellores libros de medo, terror e misterio dos nosos fondos.
|