Skip to Content

Unha xornada de medo!

28/10/2016 08:20
28/10/2016 14:00
Etc/GMT+1

O pasado 28 de outubro, a Biblioteca organizou unha xornada do terror para celebrar o Samaín.

O alumnado de 1º e 2º de ESO leu historias de medo, historias que foron escritas nas aulas de Lingua Galega nos días anteriores e que podemos ler no blog da biblioteca. Na porta da biblioteca tiñamos un atril cun libro onde puidemos deixar escrita a palabra máis terrorífica da nosa lingua. Tamén houbo unha mostra de carteis elaborados nas aulas de Plástica e un expositor cos mellores libros de medo, terror e misterio dos nosos fondos.

 

 



event | by Dr. Radut