Skip to Content

Crick to game: videoxogo en galego

O pasado venres 11 de outubro o alumnado de 3ESO e o de Programación de 2ºBACH tivo a sorte de coñecer de primeira man como se crea un videoxogo. Para iso contamos no centro coa presenza de  Nicolás Casal de Fosfatina Studios e de Miguel Areán de Polygon.e Studios onde se elaborou Cricktogame o primeiro xogo galego e en galego para Nintendo Switch. Sen dúbida, un ámbito que empeza a coller pulo en Galicia, sobre todo, coa apertura do grao de Creación dixital.

Visita á biblioteca dos alumnos de 1.º ESO

Os alumnos e alumnas de primeiro curso visitaron a biblioteca do centro nunhas sesións orientadas á formación de usuarios. Con estas visitas preténdese que os novos alumnos e alumnas coñezan a situación da biblioteca, os materiais dos que dispón e a súa organización espacial, o sistema de clasificación e ordenación, os servizos que ofrece (sala, empréstito a domicilio, acceso a internet, etc.). 

Tamén se mostrou o catálogo on-line do Proxecto Meiga e como procurar materiais nel, para logo localizalos autonomamente na sala.

Visita biblioteca

Sesión STEM: Laboratorio de química

Na sesión do 3 de outubro traballamos no laboratorio de química. En primeiro lugar, visualizamos unha presentación para introducir o concepto de pH, e a súa aplicación a disolucións.

A continuación, o alumnado STEM realizou diversas prácticas de estimación e medición do pH en produtos habituais nas nosas casas e en diferentes disolucións. Finalmente, levaron a cabo unha valoración de disolucións de HCl de concentración descoñecida a partir de disolucións de NaOH de concentración coñecida.

Empezamos con morcegos

Este ano empezamos as actividades do EDL falando de ciencia co alumnado de 1ESO, en concreto, dos morcegos de Galicia. Para isto, contamos coa presenza do biólogo Manuel Arzúa da Asociación Drosera que nos achegou moita e interesante información sobre a tipoloxía, hábitat e gran funcionalidade dos nosos morcegos. Dende logo que foi marabilloso escoitar a este especialista que deixou o alumnado con moitas preguntas que facerlle por falta de tempo. Terá que volver.

Reunións de acollida nais e pais

Reunións cos titores e titoras, co departamento de orientación e equipo directivo

Luns 30 de setembro ás 19.30h: familias do alumnado de 1º da ESO

Martes 1 de outubro ás 19.30h:  familias do alumnado de 2º da ESO

Mércores, 2 de outubro ás 19.30h: familias do alumnado de 3º e 4º da ESO

Xoves, 3 de outubro ás 19.30h, familias do alumnado de 1º de Bacharelato

Xoves, 3 de outubro ás 19.00h, familias do alumnado de 2º de Bacharelato

O STEMBach inicia as súas actividades

Para iniciar as actividades do STEM_Bach correspondentes ao curso 2019-20 realizouse o xoves 26 de setembro unha presentación no centro.

A directora deu a benvida a todos os asistentes, entre os que se atopaban as alumnas e alumnos de 1º e 2º curso desta modalidade, así como moitos dos seus pais e nais.

Por parte do profesorado, estiveron representados diferentes departamentos.

Cunha pequena presentación visual trasladóuselle ao alumnado e ás familias a información máis relevante acerca deste proxecto do centro, pensando especialmente nas persoas que comezan este ano.

Finalmente, parte do alumnado de 2º transmitiulles aos novos compañeiros a súa visión do que foi o primeiro ano de experiencia deste programa.

Becas Fundación Amancio Ortega

A Fundación Amancio Ortega convoca 600 bolsas dirixidas a alumnos de 4.º da ESO de centros educativos de España para estudar durante o curso académico 2020/2021 primeiro de Bacharelato en Canadá ou en Estados Unidos. 100 bolsas asignaranse aos participantes dos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia e 500 bolsas aos participantes dos centros educativos das outras Comunidades Autónomas de España.
Prazo de inscrición: do 23 de setembro ao 30 de outubro de 2019.
Bases e inscricións nas páxinas webs www.becas.faortega.org ou en https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2019-39779

AVISO - Horario de oficina

Durante o mes de outubro e no que queda do mes de setembro o horario da oficina do centro será o seguinte:

 

Luns - martes - mércores: 11.00h a 14.00h

Xoves - venres: 09.00h - 14.00h

 

Desculpen as molestias.

Listaxes definitivas Fondolibros.

Publícanse as listaxe definitivas de admitidos e excluídos da axuda de fondolibros. Esta información está dispoñible tamén no taboleiro interior do instituto.

No arquivo chamado "lista de libros complementarios 2019" figura para cada alumno e alumna se algún dos libros adxudicados son complementarios, indicados cun (c) ao final do nome do libro. 

O reparto dos libros complementarios, que son de nova adquisición, demorarase uns días. En canto cheguen avisamos a través desta páxina web, e por medio dunha nota que se entregará ao alumnado concernido.

Inicio das actividades lectivas

O inicio das actividades lectivas será o luns 16 en horario ordinario de 08.30h a 14.10h.

 

Haberá transporte escolar no horario habitual.

Fondo solidario de libros. Calendario

Presentación de solicitudes: Do 21 de maio ao 21 de xuño de 2019.

Recollida dos libros do curso 2018-2019: 20 e 21 de xuño de 2019.

Publicación de listaxes provisionais: 10 de xullo de 2019.

Reclamacións ás listaxes provisionais: 11 e 12 de xullo.

Publicación de listaxes definitivas: 13 de setembro de 2019.

Entrega dos libros ao alumnado da ESO: Na segunda quincena de setembro, antes do día 27.

Bolsas para Bacharelato

Vén de publicarse no BOE a convocatoria de becas de carácter xeral para alumnado de Bacharelato. As solicitudes fanse a través da páxina do Ministerio de Educación. O prazo de solicitude remata o 1 de outubro.

Texto da convocatoria

O enlace onde se poden solicitar é o seguinte:

http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/bachillerato.html

Calendario Setembro 2019

No arquivo adxunto está o calendario de setembro (exames, entrega de notas, revisión de notas, matrícula,...)

 

Fondo solidario de libros. Listaxes provisionais

Con data 10/07/2019 publícanse as listaxes provisionais do fondo solidario de libros para o curso 2019/2020.

O prazo para presentar reclamacións ó dito listado finaliza o venres 12 de xullo.

Exames de setembro. Curso 2018-2019

Xa se poden consultar os horarios dos exames de setembro no arquivo adxunto.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut