Skip to Content

Presentación de webserie

Hoxe, penúltimo día deste primeiro trimestre, o noso alumnado puido desfrutarda presentación de s.e.x. webserie para youtube. Trátase dun proxecto de educación emocional e sexual para a adolescencia eleaborado polas amigas de Illa Bufarda e que conta co apoio e asesoramento da Deputación da Coruña, da Fundación Paideia e de Aseia. Estamos seguros que foi de gran utilidade para o noso alumnado.

webserie sex

webserie sex

Recreos musicais

Do 16 ao 19 de decembro, organizados pola xefa do departamento de Música, Carmela Cobo, celebráronse os recreos musicais, resultaron un éxito e estiveron moi entretidos con actuacións de: grupo de música tradicional, trío de violins de alumnas, dúo de guitarra e piano, dúo de piano e violín ,dúo de guitarras electricas, grupo numeroso de frautas e instrumentos de percusión e instrumentos de placas.

Entre as distintas formacións desplegaron un repertorio moi variado e actual. Felicitacións para todos eles.

Recreos musicais

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

Exposición: Aporofobia

Na última semana do primeiro trimestre, instalouse no vestíbulo do centro a exposición itinerante da ONG Cooperación Internacional : aporofobia.

A exposición está centrada nunha das manifestacións da aporofobia: o trato cruel, inhumano e degradante que reciben moitas personas sin hogar e que conculca os seus dereitos fundamentais. Dando voz a algúns deles, tratamos de sensibilizar ao alumnado sobre a situación de extrema vulnerabilidade dos que, por diversas circunstancias que tamén nos poden acontecer, se viron abocados a vivir na rúa.

Aporofobia

 

Aporofobia

 

Aporofobia

 

Aporofobia

Concurso de postais de Nadal

O xurado composto por:

- Tareixa Abal.

- Ana Felpeto.

- Amabel Míguez.

- Manuel Amor.

acordou conceder os seguintes premios:

Primeiro premio: Carlota Aldariz Lobato. 1º A

Segundo premio: Iria Mata Portos. 2º A

Terceiro premio:Alejandro González Barreiro. 1º A.

O acto de entrega de premios do Concurso convocado pola Biblioteca e o Departamento de Música terá lugar o día 20 de decembro na biblioteca durante o primeiro recreo.

Parabéns aos premiados e moitas grazas a todo o alumnado que participou.

Concurso de postais de Nadal

Benxa Otero: música máxica

Para conmemorar a nosa entrada centenaria nada mellor que un músico excepcional: Benxa Otero. Este dezao que amais de músico é fotógrafo e mago deleitou onte 17 de decembro ao alumnado de 2 ESO cunha actuación de guitarra, óboe e corno inglés realmente máxica. Non onstante o pasado ano foi un dos finalistas dos premios da música MIN polo seu disco 13 cancións bonitas xunto a Germán Díaz. Outro privilexio que debemos en boa medida á colaboración da Fundación Paideia.

O que arde en 1ºBACH

Venres 13 de decembro foi a data sinalada: unhas 50 alumnas e alumnos de 1ºBacharelato acudiron a unha sesión do multipremiado  filme de Óliver Laxe, O que arde, na sala Númax de Santiago de Compostela. Eran as 12 da mañá e puidemos desfrutar dun filme que está marcando fitos na historia da nosa filmografía. E abofé que de deixaron cautivar ou pola historia ou pola música ou pola foto. De volta a pé cara o instituto fomos debullando os matices deste filme.

O que arde

Ops!

Un ano máis, e xa van catro, o alumnado de 4º ESO do noso instituto participou nun obradoiro de portugués ofrecido polo Departamento de Lingua do Concello de Santiago: "OPS! Falamos portugués. O portugués simples". Neste caso amais por partida tripla xa que a responsable impartiu o curso durante tres días, 11, 12 e 13 de decembro a outros tantos cursos. Agardamos que aproveitasen a ocasión!.

OPS!

Visita: CIMUS USC

O alumnado de STEMbach de 1º de Bacharelato e o da materia de Psicoloxía de 2º de Bacharelato visitaron o CIMUS para coñecer parte do traballo de tres grupos de investigación: @UnisemSantiago (enfermidade de Párkinson), @GMXenomica (Trastornos do Neurodesenvolvemento) e ·#MolecularMetabolism (relación entre algunhas zonas do encéfalo e comportamento alimenticio).

Tanto o profesorado acompañante como o alumnado quedou moi satisfeito coa visita, non só polos temas tratados senón polas magníficas e interesantes explicacións. A maior riqueza do CIMUS son as persoas que traballan nel. O noso máis sinceiro agradecemento!

Sempre dicimos e mesmo e cumprímolo: voltaremos

Visita ao CIMUS

Visita ao CIMUS

Cine coa directora Jaione Camborda

O pasado 10 de decembro o alumnado de 4ESO tivo o enorme privilexio de asistir a un obradoiro de cine coa directora Jaione Camborda. De orixe vasca, Jaione leva algúns anos instalada afortunadamente na nosa lingua e cultura. Tanto é así que acaba de estrear nos cines Arima, a súa primeira longametraxe coa que xa colleitou notables éxitos coma no festival de Sevilla ou en Márgenes. Daquela, a nosa gratitude cara esta integrante do chamado Novo Cinema Galega por compartir o seu saber e experiencia connosco.

Conferencia sobre cinematografía

Conferencia sobre cinematografía

El IES Xelmírez II rescata en sus aulas la burla negra del Prestige

 Burla negra

J. GÓMEZ

SANTIAGO / LA VOZ 30/11/2019 05:00 H

Apostolos Mangouras, el último capitán del Prestige, envió una carta al alumnado de la materia de Griego moderno del IES Xelmírez II en enero del 2003; y estudiantes y docentes del centro se sumaron a los numerosos grupos y personas que acudieron a limpiar las playas afectadas por la catástrofe ecológica que provocó aquel petrolero en noviembre del 2002. Esos elementos complementan la exposición con materiales sobre aquel siniestro que estuvo en la USC y que recibe el IES Xelmírez II, el primer centro que la aprovecha con fines didácticos. Desde el 17 de noviembre, para rememorar el aniversario del accidente, y hasta la próxima semana, la utilizan para dinamizar las aulas de varias materias: Biología, Química, Filosofía, Galego, Historia y otras. 

Margarida Mariño: chelo e pedais

O pasado 28 de novembro o alumnado de 2ºBACH tivo a sorte de escoitar a unha das nosas música máis innovadoras: Margarida Mariño. Acompañada do seu violonchelo e duns pedais electrónicos achegounos outro xeito de facer música co que está triunfando na escena máis alternativa de Europa. Todo un auténtico luxo e mais cando apareceu acompañada de David, un alumno do centro e futuro mestre violonchelista. Grazas aos dous.

Aquí podedes escoitalos nuns fragmentos:

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

#25N non é unha celebración, é unha data a borrar do noso calendario e imaxinario, pero até entón queda moito por facer, moitos muros por derrubar, non podemos, nin debemos, permitir un paso atrás. Por iso, dende o equipo de Biblioteca do Xelmírez II e Vicedirección organizáronse varias actividades dentro do "Día Internacional contra a Violencia de Xénero". Entre elas a elaboración dun vídeo no que participou o alumnado, o profesorado e o persoal non docente do centro, a creación de lazos violetas humanos e a lectura de fragmentos de textos literarios relacionados con esta temática.

Fiestinema: festa do cine francófono para xóvenes

50 alumnas e alumnos de 3.º de ESO asistiron o xoves 21 de novembro á proxección da película "Comme un Lion" e 22 alumnas e alumnos de 1 bacharelato á proxección do documental "Swagger" o venres 22 de novembro na Sede Afundación en Santiago, nunha actividade ofertada pola Alianza Francesa.

Fiestinema

Fotos cedidas pola AF de Santiago

Obradoiro: Educación afectivo-sexual

O día 20 de novembro estivo no noso centro Noa Tilve (Quérote +) para impartir un obradoiro de "Educación afectivo-sexual" destinado ao alumnado de 3.º de ESO.

Con este obradoiro , búscase que a mocidade poida ter unha información fiable e que coñeza un recurso profesionalizado ao que poder recurrir se lle xurden dúbidas en relación a este tema.

Os obxectivos son :

  • Reforzar as habilidades para aprender a distinguir o que gusta e o que non en relación coas demais persoas.
  • Promover a vivencia da sexualidade do xeito máis pracenteiro, responsable e satisfactorio posible
  • Reflexionar sobre as relación afectivas
  • Promover o diálogo e a asertividade e empatía nas relación de parella
  • Traballar os límites e a responsabilidade persoal.
Distribuir contido


by Dr. Radut