Skip to Content

Orientación

Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional. Convocatoria 2021

Achegamos a Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021.

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 15 e 26 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 18 de febreiro e 3 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos

Calendario

Preinscrición e matrícula na universidade para o curso 2020-21

Resumo do procedemento de preinscrición e matrícula na universidade en Galicia 2020

Ver o seguinte arquivo

 

Admisión a ciclos formativos. Convocatoria 2020

Instrucións de admisión na FP en Galicia para o curso 2020/2021

Consulta aquí todas as normas e novidades sobre a admisión en FP en réxime ordinario e adultos, para o curso 2020/2021.

Obradoiro: Educación afectivo-sexual

O día 20 de novembro estivo no noso centro Noa Tilve (Quérote +) para impartir un obradoiro de "Educación afectivo-sexual" destinado ao alumnado de 3.º de ESO.

Con este obradoiro , búscase que a mocidade poida ter unha información fiable e que coñeza un recurso profesionalizado ao que poder recurrir se lle xurden dúbidas en relación a este tema.

Os obxectivos son :

  • Reforzar as habilidades para aprender a distinguir o que gusta e o que non en relación coas demais persoas.
  • Promover a vivencia da sexualidade do xeito máis pracenteiro, responsable e satisfactorio posible
  • Reflexionar sobre as relación afectivas
  • Promover o diálogo e a asertividade e empatía nas relación de parella
  • Traballar os límites e a responsabilidade persoal.

Charla coloquio sobre novos machismos

Os días 11 de marzo e 1 de abril o sociólogo e profesor da facultade de ciencias da educación da USC Jorge García Marín impartiu unha charla-coloquio sobre novos machismos aos alumnos de 3.º e 4.º de ESO .

Novos machismos

Este profesor é un dos grandes coñecedores e investigadores sobre este campo e autor de varios artigos sobre este tema.

Os obxectivos da charla eran reflexionar sobre:

Charla orientativa sobre a ABAU, Universidade, Ciclos formativos,...

O venres día 15 de marzo en horario de 12:30 a 14 horas, antigos alumnos do centro participaron nunha charla coloquio cos alumnos de 2.º de bacharelato.

Falaron das dúbidas que tiveron cando cursaron 2.º de bacharelato cara a ABAU e cara a toma de decisións posteriores, sobre o desenvolvemento da ABAU de forma construtiva, sobre os aspectos a destacar de cara a matrícula nos diferentes graos no sistema universitario galego (prazos, preferencias,...), da conexión que se establece entre os contidos adquiridos no Bacharelato e a titulación que estudan, dos prexuizos sociais presentes aínda na actualidade á hora de elixir os diferentes graos e profesións e dos obstáculos ao inicio das diferentes carreiras ou Ciclos e, como cada quen os foi resolvendo.

Agradecemos a súa presencia nesta actividade por considerar que as súas experiencias poden ser de moita axuda para os seus compañeiros.

Charla ABAU

Visita aos ciclos formativos do CIFP Politécnico de Conxo e do CIFP Compostela

O día 29 de xaneiro participamos cos alumnos e alumnas de 4º de ESO e 1º de Bacharelato na xornada de portas abertas do CIFP Politécnico de Conxo e do CIFP Compostela de Santiago de Compostela.

O obxectivo desta visita foi:

  • Información sobre as diferentes familias profesionais que se imparten nos dous centros  tanto do sistema LOE como LOMCE
  • Acceso aos ciclos medios e superiores
  • Viveiro de empresas
  • Proxectos de FP Dual.

A visita foi coordinada por Vicedirección e Departamento de Orientación. Acompañaron aos alumnos e alumnas Mª José – coidadora do centro , Elisa e Cruz – membros do Departamento de Orientación.

Os alumnos e alumnas desfrutaron dunha sesión moi interesante que rematou cunha comida no CIFP Compostela , servida polos alumnos e alumnas do primeiro curso de FP de Grao Medio do ciclo de cociña e restauración.

Programación Orientación 2017 - 2018

Preme aquí  abaixo para consultala:

Charla informativa para 1º de BAC

Charla informativa para 4º ESO

Charla informativa para 3º de ESO

Charla informativa para 2º ESO

Distribuir contido


by Dr. Radut