Skip to Content

Saídas educativas

VISITA A TUI E VALENÇA DO IES ÁLVARO CUNQUEIRO

 

     O 21 de febreiro o alumnado de Portugués de 1º ESO a e 2º ESO A, xunto con 2º ESO C, participou nunha visita organizada polos departamentos de Xeografía e Historia e o de Portugués. Pola mañá o grupo dividiuse en dous e mentres un asistía á visita guiada á catedral de Tui o outro participaba nunha xincana polas rúas desta vila. O alumnado de 2º de ESO demostrou os seus coñecementos sobre arte medieval (románico e gótico) respondendo atinadamente ás preguntas da nosa guía. Puidemos visitar non só o interior senón tamén o claustro, a torre, os tellados e a terraza.

    Ademais no museo catedralicio explicáronnos a orixe da expresión “colgarlle o sambenito a alguén”. O sambenito era unha prenda que incluía un capuchón co que a Inquisición sinalaba os condenados por este tribunal, entre eles, e logo da expulsión dos xudeus, os que eran acusados de manter esta relixión. Pero tamén designou unha especie de cartel que se colocaba nos muros exteriores da catedral para facer público o nome do condenado e que incluía á súa familia e descendentes. Este museo posúe algúns dos poucos sambenitos que se conservan.

    Simultaneamente outro grupo facía de Tui o escenario dunha espectacular xincana, dedicada á figura de dona Urraca. O percorrido desta actividade, levaba os nosos alumnos a descubrir os lugares máis misteriosos do casco vello de Tui, atendendo á lenda de Dona Urraca, que no medio da guerra contra a súa irmá Dona Tareixa de Portugal, tentaba fuxir a través de descoñecidos pasos agochados no marco urbano da vila tudense. Despois dunha hora de carreiras, descifrando os misterios medievais de Dona Urraca, os gañadores tiveron un merecido agasallo.

 

     A continuación percorremos o camiño que une Tui con Valença. Atravesamos o río Miño pola vella ponte de ferro para adentrarnos nas coñecidas murallas que defenderon a vila portuguesa. Logo do xantar, comezamos a visita guiada na que coñecemos non só a historia de Valença, senón algúns dos momentos máis destacados da historia de Portugal.

 

     A nosa entusiasta guía falounos de como, logo da guerra da Restauração (da independencia de Portugal) a muralla medieval fora substituída pola fortaleza que se conserva actualmente e que se construíu a finais do s. XVII. Tamén puxo de relevo as relacións comerciais, familiares, culturais e relixiosas que sempre mantiveron unidas as vilas a un e a outro lado do Miño.

No baluarte de Nosa Señora do Socorro (os baluartes reciben o nome dun santo/a para encomendalo á súa protección).

Na maqueta obsérvase un dos baluartes, de forma romboidal, da fortaleza de Valença.

Xornada de Orientación para 2º de Bacharelato febreiro 2022

 

        Que lle dirías ao teu eu do pasado? Probablemente a todos e todas se nos ocorrerían un montón de cousas que dicir, consellos por dar, palabras de ánimo para impulsar... Como aínda non somos quen de viaxar no tempo, no instituto contamos coa presenza de ex alumnos e ex alumnas do centro, que viñeron contar as súas experiencias persoais ao noso alumnado de 2º de bacharelato. Foron Jorge Lama, Laura Piñeiro, Imanol Justel, Sara Suárez, Marieta Pazos, Pablo Touceda, Amanda Blanco, Noa Martínez, Noa Soage e Marta Moreno. Na charla non só se falou de estudos e profesións, senón que tamén de eleccións acertadas e erradas, eleccións seguras e dubidosas, de segundas oportunidades, e, incluso, e máis importante, de superación persoal.

 

Orientador (centro) e ex-alumnos participantes nas xornadas

 

        Agardamos que aos nosos rapaces e rapazas de 2º de bacharelato lles resultase proveitosa a actividade, e que lles axudase a ver que, ás veces, "fracasar" na idea que temos fixada é a mellor forma de coller impulso para poder recoller todo o bo que quede por vir. Porque non hai ninguén que poida orientar mellor ca unha persoa que vén de vivir o que estamos a vivir, agardamos que nun futuro próximo sexan eles e elas, alumnos/as de 2º de bacharelato, quen nos veñan contar as súas experiencias.

 

Alumnado asistente ás xornadas

 

Moito ánimo e moita sorte!

 

 

Visita á exposición de Anxel Huete

 

 
   

O mércores 27 de setembro o alumnado de bacharelato de debuxo artístico e de historia da arte asistiron á exposisción de Anxel Huete no MARCO. O propio artista guiounos pola súa exposición.

+

 

 

RAFTING polo río Miño

     
 

Prácticas de Rafting polo río Miño do  alumnado de 2º e 3º de ESO e 4º PDC.

Saíron desde  A Chan-Barcela (concello de Arbo) para practicar este deporte de aventura. En todo momento estiveron acompañados por guías profesionais e  descenderon por tramos do río de dificultade media.

 

Reportaxe fotográfica

   
   
   

Visita ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro

 

O venres 17 de abril alumnos e alumnas de 1º de ESO fixeron unha saÍda ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, en Pontevedra.

 

 

 

Trátase dunha visita guiada co obxectivo de achegar ao alumnado as peculiaridades da arte do Neolítico, descubrindo deste xeito un mundo oculto entre as árbores, os petróglifos e a reconstrución dun poboado da Idade de Bronce.

 
 
   

                            Fai clik aquí para ver unha reportaxe fotográfica da actividade

   
   

 

Distribuir contido


by Dr. Radut