Skip to Content

Saídas educativas

Olimpíada de Química 2024

O alumnado do Club de Ciencias de 3º e 4º da ESO tivo a sorte de participar na III Olimpíada de Química organizada pola Facultade de Química da UVigo.

Desfrutaron dunha xincana con temática de química percorrendo a facultade para resolver distintas probas (incluíndo prácticas en laboratorios docentes da facultade e un scape room!).

Tamén tiveron a ocasión de coñecer alumnado doutros centros co que formaron equipo para resolver as súas probas.

Unha mañá xenial, xa temos ganas da próxima edición!

 

Visita a Space Lab 2024

A semana pasada o alumnado de 1º e 2º de bacharelato do Club de Ciencias, que tamén participou no proxecto Cansat, visitaron a UVigo SpaceLab e á Escola de Enxeñería de Telecomunicación da UVigo.

Puidemos coñecer de primeira man o traballo que realiza o equipo UVigo SpaceLab, que é un equipo multidisciplinar de estudantes universitarios e persoas investigadoras que deseñan, fabrican e operan pequenos satélites e misións espaciais. Tamén visitamos varios espazos da EE Telecomunicación da UVigo, como son a sala anecoica ou o laboratorio 5g.

Moitas grazas a todas as persoas de UVigo SpaceLab e da Escola que nos permitíchedes adentrarnos nos vosos espazos de traballo durante unhas horas, sobre todo nestas semanas de exames e moito traballo na universidade.

Moitas grazas!

Musiqueando en Moaña 2024

O pasado luns 3 de xuño desprámonos en barco ata Moaña para encontrarnos cos compañeiros/as do coro do IES A Paralaia.

Tivemos unha fermosa xornada de praia e música, xa que pola mañán disfrutamos dunha ruta sonora co músico local Xavier Blanco, ao longo das praias de Tirán, e pola tarde ofrecemos un concerto conxunto no centro de día da asociación AFAMO.

Agardamos podamos volvernos atopar noutras ocasións!

 

Concerto Escultor Acuña 2024

O pasado venres 24 de maio o alumnado de 3ºESO que participa no coro ofreceu un concerto aos alumnos de 5ª e 6º do CEIP Escultor Acuña.

Moitos dos membros do coro visitaron de novo o centro onde estudaran e tiveron a oportunidade de saudar aos seus antigos mestres. Todos coinciden en que teñen un gran recordo dos últimos cursos de primaria neste centro, ainda que lles coincidiu coas restriccións sociais por mor da pandemia polo COVID.

Temos que agradecer ao equipo de Lingua de Signos polo tremendo traballo dobrando as letras das cancións que ofrecemos en directo.

Moitas grazas ao CEIP Escultor Acuña pola gran acollida!

Visita á exposicón de Bosco Caride no MARCO 2024

O día 24 o alumnado de 4° da ESO visitou o @museomarcovigo para facer unha visita guiada á exposición de @boscocaride Indicios.

Da súa man puidemos percorrer as salas e comentar con el diferentes aspectos deste traballo. Tamén puidemos pintar no obradoiro que nos tiñan preparado e así recordar as súas clases no instituto.

O día 26 foi o alumnado de bacharelato o que tivo a sorte de visitar a exposición.

Grazas Bosco por estas xornadas inesquecibles!

Tendes as fotos na galería.

Visita á ESAD 2024

O pasado 15 de abril, un grupo de alumnos e alumnas de 3º e 4ºESO achegáronse á Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) situada no barrio de Navia para presenciar un ensaio do musical "Hairspray".

Diversos números deste musical vanse interpretar por alumnado deste centro educativo no InnovArt'24, organizado pola Consellería de Educación en Santiago de Compostela os días 18 e 19 de abril.

Foi unha xornada fantástica rodeados de tanto talento!

Visita aos centros de FP 2024

O día 9 de abril o alumnado de 4° da ESO visitou os centros de FP Manuel Antonio e Valentín Paz Andrade onde puideron valorar outras saídas profesionais unha vez que teñan o título da ESO.

Coma sempre grazas por recibirnos tan ben, foi unha xornada moi proveitosa para o noso alumnado!

 

Visita ao porto de Vigo 2024

Hoxe o alumnado de terceiro da ESO e o de cuatro diversificación, realizaron unha visita ao porto pesqueiro de Vigo.

Coñecimos ás aguias de Harris, que manteñen a raia ás gaivotas, os tipos de barcos, o viveiro de mariscos e a lonxa.

Pasámolo super!

 

Lectura de contos a alumnado de infantil 2024

Despois de moitos anos, o alumnado de 2º da ESO de Reforzo de Lingua Galega volveu á escola infantil, agora como "os maiores", e foi moi emocionante.

Esta semana leron os seus contos ao alumnado de infantil do CEIP Illas Cíes e da Escola de Educación Infantil Cristo da Vitoria.

Grazas ás profes e á cativada polo entusiasmo que mostraron, tratáronnos de marabilla e o noso alumnado desfrutou moito a experiencia de facer un contiño e da posterior lectura.

Visita ao museo Liste 2024

O Departamento de Música organizou unha visita ao Museo Etnográfico Liste de Vigo para o alumnado de 2  ESO e D.

Tiveron a oportunidade de participar nunha visita guiada polas distintas zonas dedicadas os tecidos, oficios, medicina popular ou ao mundo agrícola comprobando as súas propias raíces culturais e as relacións do exposto con materias como Galego,Historia,Tecnoloxía ou Música.

Distribuir contido


by Dr. Radut