O pasado 16 de xaneiro algúns alumnos de 3º, 4º ESO e 1º de bacharelato asistiron, xunto con outros alumnos dos centros Universidade Laboral de Ourense e o IES Carlos Casares de Viana do Bolo á tertulia literaria sobre a obra de Arantxa Portabales "Beleza Vermella" nas dependencias de "RADIO ALLARIZ".
Os alumnos visitantes aproveitaron para coñecer a nosa vila.
Foi unha actividade realmente interesante.