Eleccións ao Consello Escolar

Segundo a Resolución do 10 de setembro de 2024, establécese o calendario para a renovación parcial dos Consellos Escolares dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

No noso centro, correspóndelle renovar a un representante do alumnado e a un representante de nais/pais/titor-es legais.

O vindeiro xoves, 17 de outubro, celebrarase o sorteo público para a constitución da Xunta Electoral, encargada de xestionar o proceso. O 24 de outubro procederase á constitución da mesma, publicarase o calendario electoral e toda a información relacionada.

Animamos ás familias a formar parte do centro a través do Consello Escolar, órgano que permite a conexión do centro coas familias en prol dunha mellora da convivencia no centro e calidade educativa.

Adxúntase un ficheiro con información básica sobre o proceso.

Día das escritoras 2024. Visita de Irene Rega.

Onte visitou a biblioteca do centro Irene Rega, escritora de San Cibrao, para explicar á rapazada de 3º ESO como é o seu proceso de escrita. Tamén contou o que significou para a súa carreira como escritora acadar os premios que conseguiu. A actividade rematou cun pequeno xogo de creación baseado nos exercicios de estilo de Raymon Queneau. Todo un pracer poder contar coa súa presenza nun día tan sinalado. 

Obradoiro Videoactivismo medioambiental Fondo Galego de Cooperación

Este luns, o alumnado de 4º ESO participou nun obradoiro de videoactivismo medioambiental organizado polo Fondo Galego de Cooperación. O proxecto ‘People & Planet: un destino común’ ten como obxectivo concienciar as mozas e mozos europeos sobre as graves consecuencias do cambio climático para que se convertan en axentes de transformación na procura dun mundo máis sustentable.

Persoal especializado da ONGD Agareso impartiu este obradoiro de videoactivismo medioambiental, no que remataron gravando un breve vídeo onde identificaron un problema local ou global e explicaron o que xa fan ou poden facer ao respecto. As pezas presentaranse á segunda edición do certame audiovisual #PeopleOfTheFuture.

Grazas ao Concello de Alfoz e ao Fondo Galego de Cooperación por falicitarnos a participación nestes proxectos.

Reunión co titor/a do seu fillo/a

 

REUNIÓN CO TITOR/A DO SEU FILLO/A

 

 

Estimadas familias:

Práceme convocalas á reunión co titor/a do seu fillo/a, que terá lugar o próximo luns, 7 de outubro, ás 17:00 horas.

O titor/a informaralles dos aspectos máis relevantes a ter en conta sobre a organización e funcionamento durante o curso 2024/25.

A recepción de todas as familias farase na sala de usos múltiples (planta baixa).

 

 

Plan Director

O pasado mércores, 25 de setembro, recibimos a Héctor Méndez Fernández, psicólogo e formador da Garda Civil da comandancia de Lugo e un dos responsables do Plan Director. Os alumnado de 1º e 2º ESO tivo a oportunidade de compartir con el unha charla sobre "Acoso escolar" e o alumnado de 3º e 4º ESO sobre "Delitos de odio". Agradecémoslle a súa profesionalidade e adicación. Estas charlas son moi importantes pola cantidade de información que recibimos a través delas.

 

Presentacións de inicio de curso 2024-25

Benvidas e benvidos ao curso académico 2024-25.

As presentacións para todos os niveis terán lugar o mércores, 11 de setembro, ás 11:00 horas. O profesorado titor acompañaravos á vosa aula de referencia. 

Ese día haberá servizo de transporte. 

Listaxe provisional fondo solidario curso 2024-25

Publicouse no taboleiro de anuncios, situado no interior do centro, a listaxe provisional de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario; a listaxe provisional  de solicitudes excluídas, indicando a causa de exclusión; e a relación provisional de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar nas que se detecten deficiencias, indicando a deficiencia detectada ou a documentación da que carecen.

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.

 

 

Listaxe de libros de texto para o curso 2024-25

 

No seguinte documento xúntase a listaxe de libros de texto para o curso académico 2024-25. 

Sería recomendable esperar ata que se entreguen os libros do fondo solidario, que será ao comezo do curso, para saber cales deben mercar.

 

Calendario final de curso

CALENDARIO FINAL DE CURSO

 

21 de xuño. Último día lectivo. O alumnado contará con diversas actividades que se desenvolverán no horario habitual (8:30-14:05 h.).

 

25 de xuño. (10:00-11:00) Entrega de boletíns e devolución dos libros de texto pertencentes ao fondo de libros. 

O alumnado deberá traer os libros nunha bolsa co seu nome e curso escrito por fóra.

O alumnado non contará con servicio de transporte escolar.

 

26, 27 e 28 de xuño.  Reclamacións de cualificacións en horario de 10:00 a 14:00 h.

 

25 de xuño a 10 de xullo. Período de matrícula (de 10:00 a 14:00 h.).

25 de xuño: 4º de Eso 

26 de xuño: 3º de ESO.

27 de xuño: 1º e 2º de ESO.

As datas indicadas son de atención preferente para as matriculacións nos cursos indicados. Poderase presentar a documentación de matrícula en calquera dos días, pero serán atendidos antes os cursos sinalados.

Distribuir contido