DÍAS NON LECTIVOS
Enviado por admin o Mér, 02/11/2022 - 11:37Informamos que Inspección Educativa autorizou a concesión dos días non lectivos solicitados polo centro.
Ditos días serán:
- 5 de decembro do 2022.
- 2 de maio do 2023.
VALES DE MATERIAL
Enviado por admin o Lun, 17/10/2022 - 05:06Publicouse no DOG do 14 de outubro de 2022 a resolución do 5 de outubro de 2022 pola que se fai pública a concesión directa da ampliación de axuda para adquirir material escolar.
Aquelas familias beneficiarias do vale para adquisición de material escolar recibirán un vale adicional de 25€ que deberán empregar na libraría antes do 1 de decembro de 2022.
Poden recollelo en secretaría en horario de 09.00h a 14.00h.
COMEZO DO CURSO 2022/23
Enviado por admin o Ven, 02/09/2022 - 05:09XOVES 8 DE SETEMBRO 2022
11:00H: PRESENTACIÓN DO ALUMNADO COS TITORES E TITORAS (TODOS OS CURSOS)
Haberá servizo de autobuses en horario de 11:00h a 12:00h.
VENRES 9 DE SETEMBRO 2022
HORARIO HABITUAL DOS VENRES (08:30H A 14:05H)
Probas de nivel lingüístico para o alumnado que curse estudos durante o curso 2022/2023
Enviado por admin o Xov, 28/07/2022 - 06:36Resolución do 10 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula a xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado que curse estudos durante o curso 2022/2023 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
DESTINATARIOS: Alumnado de 4º da ESO
PRAZO: ata o 23 de setembro
PARA MÁIS INFORMACIÓN PODEN ACCEDER Á SEGUINTE LIGAZÓN
Fondo Libros: Publicada a listaxe definitiva de admitidos/as
Publicadas as listaxes definitivas do FONDO SOLIDARIO de libros de texto.
As listaxes de alumnado admitido e excluído están publicadas no taboleiro de anuncios no interior do instituto. Tamén poden consultalas chamando por teléfono (982870051) ou accedendo a www.edu.xunta.es/fondolibros/ con certificado electrónico ou con Chave365.
* Todo o alumnado matriculado en francés debe mercar o libro de actividades do curso correspondente.
* O alumnado de inglés debe mercar o libro de actividades do curso correspondente.
* Poden consultar a relación de libros de texto na seguinte ligazón.
Máis información:
ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto
Axenda escolar curso 2022/23
Os concellos de Alfoz e O Valadouro outorgarán ao alumnado de axendas escolares para o curso 2022-23, como en anos anteriores.
Listaxe de libros de texto curso 2022-23.
No seguinte documento recóllese a listaxe de libros de texto para o curso académico 2022/23.
NOTA* O libro de texto de lingua castelá e literatura para 1º ESO ten o ISBN 9788411207188 (había un erro no cadro adxunto que xa foi modificado)
Cambio nas datas de matrícula para o curso 2022/23
Modifícanse as datas de matrícula para o curso 2022/23, serán no mes de xullo:
|
MATRÍCULA 2022/23 |
1º ESO |
Venres, 1 de xullo |
2º ESO |
Luns, 4 de xullo |
3º ESO |
Martes, 5 de xullo |
4º ESO |
Mércores, 6 de xullo |
Recordade que, nos días anteriores, se debe recoller o sobre de matrícula.
O horario de verán do centro, a partir do 23 de xuño, será de 10.00 a 14.00 h.
Final de curso, boletín de notas e matrícula
O vindeiro mércores 22 de xuño será o último día de clase .
Entrega de boletín de notas
Neste curso haberá distintas datas para a 3ª e a avaliación final, polo que os boletíns de notas entregaranse:
Avaliación |
Día |
Terceira |
Venres 10 de xuño |
FINAL |
Luns 27 de xuño ás 11.00 h (sen transporte escolar) |
Datas para reclamacións: 28, 29 e 30 de xuño.
Matrícula para o curso 2022/23
Debido a que neste curso non haberá avaliación extraordinaria de setembro, todo o alumnado terá que matricularse nas seguintes datas de xuño:
Cursos |
Días |
1º ESO e 2º ESO |
Martes 28 de xuño |
3º ESO e 4º ESO |
Mércores 29 e xoves 30 de xuño |
Recollida de libros
A data límite para a entrega dos libros do fondo será o 27 de xuño. Recordamos que deben vir borrados de lapis e sen estar en mal estado.
O horario de atención ao público durante o verán (a partir do 23 de xuño), irá dende as 10.00 ata as 14.00 h
Solicitude de Fondo de Libros e Axuda para material escolar para o curso 2022/23
O 18 de maio publicouse no DOG a orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2022-23.
A solicitude poderá facerse telematicamente a través da aplicación Fondo de Libros da páxina de Educación ou, presencialmente, entregando no noso centro os Anexos I e II que xa teñen todos/as os alumnos/as de 1º, 2º e 3º de ESO ou que poden descargar dende a aplicación.
A data límite de entrega é o 22 de xuño de 2022.
Deixámosvos algunhas indicacións para cumprimentar os Anexos I e II de xeito correcto.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »