O pasado mes de marzo, o alumnado de 4º da ESO do IES Agra de Raíces de Cee, acompañado polos profesores Fernando Casanova, Manuel Maneiro, Ana Salanguera e Alejandro Sanmartín, viaxaron durante cinco días a Londres retomando deste xeito a excursión de fin de etapa tras o parón causado pola pandemia.
Durante os cinco días que durou a viaxe, os rapaces tiveron a oportunidade de coñecer os lugares máis emblemáticos da cidade: Piccadilly Circus, Leicester Square, Regent e Oxford Street, Green Park, Buckingham Palace, St James's Park, Westminster, Houses of Parliament and Big Ben, London Eye, Dowing Street, Trafalgar Square, Covent Garden, Tower of London, Camden Town, Tate Modern, St Paul's Cathedral...
Gozaron dunha ruta en barco dende onde apreciaron as vistas máis bonitas da cidade, como a fachada do teatro de Shakespeare, The Globe; os rañaceos do centro da City
Algún deles tamén visitaron o estadio de Chelsea - Stamford Bridge- mentres outros ían ao Museo de Historia Natural e aos míticos grandes almacéns Harrods.
Tras catro días de longas camiñatas, a viaxe rematou coa visita ao Museo Británico, onde puideron ver ,entre outras cousas, a pedra Rosetta, as Nereidas, as salas das momias