Skip to Content

Blogues

Cadea humana solidaria contra o Cancro de Mama

A asociación contra o cancro en Cee 

vén de pedirnos axuda na difusión da

cadea humana solidaria que celebrará 

este xoves 12 de outubro, ás 12:00h.

Presentación da novela Berenguela de José Ángel Mañas

José Ángel Mañas,

escritor, guionista, historiador

gañador dun Goya, 

presentou a súa novela Berenguela, 

ao alumnado de primeiro de bacharelato,

este venres 6 de outubro.

 Dámoslle as grazas ao concello de Cee

pola achega da actividade e a súa colaboración.

Visita de Margot Lamela, alcaldesa de Cee, ao IES Agra de Raíces

 

Hoxe visitou o IES Agra de Raíces a alcaldesa de Cee, Margot Lamela, xunto con Luisa Rodríguez, concelleira de Cultura, Educación, Turismo e Participación Cidadá. A visita chega ás portas do comezo do curso escolar e abre unha nova etapa de colaboración entre concello e instituto.

Fot. Espazo radio

 

Fot. Polos Creativos

Atención ao público durante o mes de agosto

 

ATENCIÓN AO PÚBLICO DURANTE O MES DE AGOSTO

 

A atención ao público durante o mes de agosto farase con comunicación por medio do seguinte enderezo electrónico:

ies.agra.raices@edu.xunta.gal

 

Desculpen as molestias.

 

 

 

Hipólito Santabaya e Pedro Márquez

Dúas vidas dedicadas á ensinanza son as de Hipólito Santabaya  e Pedro Márquez, profesores do IES Agra de Raíces de Cee que agora se xubilan.

Hipólito, que naceu en Brens,  o foi todo no Agra, comezou primeiro sendo alumno e logo voltou ao que fora seu instituto pero xa como profesor de Educación Física. Foi Xefe de Estudos e mesmo Director, cargos que desempeñou de xeito abnegado e íntegro. Tamén a el débenselle os inicios do Departamento de Orientación, que puxo en funcionamento, pois con razón estudou e licenciouse en Psicoloxía.



Pedro, Don Pedro, natural de Carnota, é o derradeiro dos mestres con tratamento de Don, profesor de varias xeracións, de familias enteiras que con el estudaron sempre de xeito doado as Matemáticas. Un docente vocacional e xeneroso e un  pai para o alumnado que constitúe todo un referente na Costa da Morte, de todo o mundo coñecido, querido e respectado.

Aos dous desexarlles a partires de agora o mellor, sorte e felicidade na nova etapa que emprenden nas súas vidas, e por suposto, darlle as grazas por todo o traballo ben feito e a súa entrega fiel a esta profesión que é a de educación.

HORARIO DURANTE O MES DE XULLO DE 2023

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBICO DURANTE O MES DE XULLO DE 2023

 

O horario de atención ao público, tanto presencial coma telefonicamente, durante o mes de xullo de 2023, será:

 

De luns a venres, salvo festivos

De 10:00h a 13:00h

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut