Saltar navegación

Partes das plantas

As plantas

As plantas son seres vivos que viven fixos no chan, teñen certos movemento,  e son capaces de fabricarse o seu propio alimento.

As partes dunha planta son raíz, talo e follas. Moitas prantan teñen ademáis flores que darán lugar aos froitos.
O musgo, mofo ou carriza é unha planta, pero non ten raíces, nin talo nin follas verdadeiras, teñen rizoides.

Raíz dunha planta
Soen ter unha raíz principal ou primaria máis gorda, da que saen unhas raíces secundarias máis delgadas e destas xurden os pelos absorbentes. A punta das raíces chámase cofia.

  • Raíz primaria
  • Raíz secundaria
  • Pelos absorbentes
  • Cofia
    Funcións da raíz:
  • Suxetar a planta á terra
  • Absorber auga e sustancias minerais do terreo

O talo das plantas:
E o órgano das plantas que sae da raíz e se prolonga ata as follas, flores e froitos. Normalmente aéreo. A súas funcións son:

  • Sustentar a planta para manter no aire as follas. flores e froitos.
  • Transportar nutrientes dende as raíces ás follas.
  • Distribuir o zume elaborado nas follas por toda a planta

As follas:

Son a parte da planta na que se realiza a fotosíntese, e son normalmente verdes.
A fotosíntese é o proceso que se realiza nas follas mediante o cual as plantas fabrican o seu propio alimento grazas a enerxía do sol, a partir da auga e sales minerais absorbidas nochan e desprendendo osíxeno.