Saltar navegación

Función de relación

A función de relación nas plantas

As plantas son seres vivos e todos os seres vivos se relacionan co ecosistema no que viven, son incapaces de vivir totalmente aillados.

As plantas reaccionan aos estímulos do ambiente, á luz, á humidade, á temperatura, ...

Unhas reaccións das plantas son rápidas e reversibles e outras son máis lentas e permanentes. Son os movementos chamados nastias ou tropismos.

De Fir0002 - Obra propia, GFDL 1.2, (CC BY-SA)


Exemplos de relacións reversibles (Nastias):

  • As flores que xiran seguindo sol.
  • As follas ou flores que se pechan cando anoitece.
  • As plantas carnívoras que se pechan para atrapar as presas.

Exemplos de relacións irreversibles (Tropismos):

  • As raíces que afondan buscando auga.
  • As plantas trepadoras que suben muros ou rodean talos.
  • As árbores que medran buscando a luz.