Os esponxiarios
Tipo de animais invertebrados acuáticos con aspecto de plantas, cun esqueleto formado por diminutas espiñas calcarias. O seu corpo atravésano numerosas e delgadas canles que se abren ao exterior por finos poros polos que circula a auga. Son filtradores de auga, alimentándose de partículas en suspensión ou disoltas. Carecen de boca. Non teñen unha forma definida, pero a máis aproximada sería a dun saco fixado aos fondos mariños au ás rochas. Os poríferos son animais sedentarios, pero observouse que algunhas esponxas poden moverse varios milímetros diariamente. |