Saltar navegación

Moluscos

Os moluscos

Son invertebrados que teñen o corpo blando, espido ou protexido por unha cuncha. Nalgúns a cuncha é interna.

Os moluscos son moi diferentes uns de outros, pero en todos se recoñecen tres partes: a cabeza, o manto e o pé.

Caracois e lesmas ou limachas, mexillóns ou ameixas e polbos ou luras son moluscos.

GASTERÓPODOS

Destaca a cabeza con antenas e o pé sobre o que se arrastran polo chan.

BIVALVOS

Son acuáticos,  sedentarios. Aliméntanse filtrando a auga. Respiran por branquias.

CEFALÓPODOS
Destaca a súa cabeza da que sae o pé dividido en tentáculos. Cuncha interna ou sen ela. Segregan unha tinta ou borra para fuxir dos enimigos.