Sinusite, rinite, ....
Sinalamos algúns dos problemas do sentido do olfacto:
Sinusite: Inflamación, aguda ou crónica, da mucosa dun seo nasal, especialmente da dos seos da cara.
Rinite: A rinite maniféstase con esbirros e conxestión nasal. É unha expulsión brusca e ruidosa, pola boca e o nariz, do aire dos pulmóns por causa da irritación das mucosas nasais.
Sangrado nasal: Moitos dos sangrados nasais son debidos á rotura de vasos sanguíneos superficiais da pituitaria vermella debido a un golpe no nariz, ambientes excesivamente secos, esbirros o limpeza brusca das mucosas nasais
Pérdida o disminución do sentido do olfacto: debido a un traumatismo na cabeza, insecticidas, enfemidades como Parkinson ou Alzheimer. Unha gripe, un catarro poden orixinar unha conxestión nasal que limite temporalmente o sentido do olfato.
Coa idade, os cornetos poden medrar e impedir o paso normal do aire, provocando ronquidos ou apneas durante o sono. (Apnea= momentos sen respiración).