O sentido do olfacto sitúase na cabeza, máis concretamente nas fosas nasais.
As cavidades nasais están comunicadas coa boca e coa farinxe, polo que o sentido do gusto está intimamente asociado a sentido do olfacto.
Esta relación fai que nalgunhas ocasións, moitas comidas resulten insípidas debido a que o sentido do olfacto se atopa afectado debido a un catarro.
O nariz, ademais do sentido do olfacto, ten outras dúas funcións: como órgano do sistema respiratorio e do sentido do gusto.
Partes do sentido do olfacto
Orificio olfativo: Buratos polos que entra o aire para as fosas nasais.
Fosas nasais: Cavidade interna da nariz.
Pituitaria vermella: Membrana que recubre o interior das fosas nasais na súa parte inferior. Ten moitos vasos sanguíneos e ten como función principal quentar o aire que entra do exterior.
Pituitaria amarela: Membrana que recubre a parte superior das fosas nasais e alberga as teminacións ou células neviosas que detectan os olores.
Células olfativas: Terminacións neviosas que se atopan na pituitaria amarela recollendo as sensacións olfativas e trasladándoas ata o bulbo olfativo.
Bulbo olfativo: Engrosamento do nervio que recolle os impulsos eléctricos elaborados polas células olfativas a partir das sensacións recollidad nas fosas nasais.
Seos nasais: Bolsas que están en distintos ósos que rodean o nariz, que producen e segregan os mocos que manteñen húmidas as fosas nasais.
Cornetos: Pregadura cartilaxionosa no interior da nariz, que frenan os vapores e aumentan a superficie das fosas nasais para facilitar o proceso de detectar os olores e quentar o aire.
Imprime a ficha e pégaa na libreta, coloreándo as partes que che indican do sentido do olfacto.
Os seos nasais producen e segregan unha sustancia mucosa que mantén húmidas as fosas nasais e ao mesmo tempo tratan de reter o pó do aire e eliminan as bacterias que poidan danar a pituitaria.
Cando os seos nasais se irritan ou sufrimos unha infección no nariz, producen un exceso de mocos para tratar de defenderse, polo que deberemos cuidar a hixiene do nariz limpando os mocos con suavidade.
Os seos nasais son unhas cavidades que se atopan colocadas en distintos ósos (frontal, maxilar, tabique nasal e no etmoides) ao redor do nariz,