Saltar navegación

Actividade

Estudo de caso

Ao longo de varias  sesións de EF imos ir xogando ou xogamos cunha variedade de xogos populares.

1- Cada alumno/a debe  ir recompilando aqueles xogos populares practicados na aula e metendo dentro da clasifiación que se lle facilitará neste enlace. Táboa de clasificación de Xogos Populares

2- Neste  caso debemos buscar algún xogo non feito na clase na  información que nos ofrecen na retroacción.

Escollemos un  xogo non traballado na nosa aula de EF e escribímolo na ficha que deixamos ao premer neste enlace. Ficha Xogo Popular

Deixámosvos nesta imaxe un exemplo de como cubrir  a ficha de xogo.

Exemplo ficha xogo
Pencho Campos . Exemplo ficha xogo popular (CC BY-NC-SA)

3- Utilizando outra vez a ficha do xogo anterior , (Ficha Xogo Popular) , debemos falar cos nosos avós, veciños ou xente que coñezamos, maiores que os nosos pais e que nos falen dun xogo dos que facían na súa infancia.

Se é posible engadimos á nosa ficha algún dos que non están feitos na clase ou algunha variante dos mesmos.