Saltar navegación

Actividade

Contesta

Tendo en conta o esquema anterior, imos contestar a estas preguntas marcando a correcta.

Pregunta 1

1- Os xogos populares transmítense de xeración en xeración.

Pregunta 2

2- A súa vía de comunicación son os libros.

Suxestión

Lembra que son os nosos maiores os que nos falan deles.

Pregunta 3

3- Teñen gran influencia na cultura dun pobo ou país.

Suxestión

Hai pobos onde incluso chegaron a converterse en deportes oficiais.

Pregunta 4

4- En ningún momento marcan a época do ano.

Suxestión

"Polo San Martiño os trompos ao camiño"

Pregunta 5

5- Pódense  adaptar aos tempos.

Suxestión

Cada vez temos menos patios de terra e seguimos practicando xogos populares.

Pregunta 6

6- Xógase igual en todas as zonas e reciben o mesmo nome.

Suxestión

Mariola, Peletre, ...

Pregunta 7

7- O seu nome non soe ter ningunha relación co que imos  facer no xogo.

Suxestión

A pita cega, o escondite, os bolos, etc ...

Pregunta 8

8- Coa súa práctica melloramos a nosa motricidade.

Suxestión

Temos xogos de saltos, carreiras, lanzamentos, etc ...

Pregunta 9

9- Son xogos que somente facemos cando estamos sós na casa ou no patio.

Suxestión

Serven para facer sós pero para estar con outros rapaces.

Pregunta 10

10- Cando os practicamos atopámonos entretidos, alegres e felices.