Vexamos O vestido novo, unha curtametraxe dirixida por Sergi Pérez no ano 2007. Mario, o protagonista, decide vestirse dun xeito moi especial para ir á escola.
A curtametraxe axudaravos a desenvolver unha mirada crítica acerca do xénero e os estereotipos asociados a este concepto, así como aclarar e diferenciar conceptos relacionados coa identidade de xénero e a diversidade sexual. Cando rematedes podedes iniciar un diálogo en base ás preguntas que tedes embaixo:
Unidade 5
Videofórum: A mala educación
Reflexión
- Por que credes que Mario leva o vestido rosa no día do Entroido?
- Elenita e Mario cruzan este diálogo. A que se refiren as palabras de Elenita?
◦ Mario: En casa fixémolo.
◦ Elenita: Xa, pero na rúa non podes. - Que opinades da reacción do pai de Mario? E da reacción da comunidade educativa (mestra, director, alumnado…)?
- Quen estabelece como debe vestir unha persoa polo feito de ser home ou muller? Recordades que nome reciben estas convencións sociais?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0