Saltar navegación

Divulgando.

 

Divulgar algo é facelo público. Niso consiste a última fase do proxecto: en ensinar aos demais que é o que fixemos e como o fixemos. Mostraremos o noso produto final; e tamén mostraremos o proceso que seguimos. O obxectivo do proxecto era solucionar un problema ou unha necesidade mediante a creación dun produto resultado dun proceso de investigación e tratamento da información. Se non divulgamos non cumpriremos o obxectivo.Para divulgar valerémonos de dous elementos: por unha banda publicar o propio produto e o proceso (nunha web, un blogue, un documento, …); e doutra banda a presentación pública.

Cartel anunciador dun restaurante americano co texto: "presentación pública do noso produto proxecto inv-trat-div da información."
Imaxen creada en Add Letters.