Saltar navegación

A presentación.

A preparación da presentación ha de ser coidadosa, xa que é como a posta en escena do noso proxecto. Hai que coidar tanto o material que elaboremos para ese día, a tecnoloxía que empreguemos, a escenografía do lugar, a organización do evento, a preparación do que se vai a dicir, como e quen o vai a dicir, etcétera.

Recomendación

Estudamos o lugar da presentación: clase, centro, contorna exterior, auditorio externo, parque,… Estudamos o tempo dispoñible ou aconsellable da mesma. Temos en conta o público obxectivo. Deseñamos un guión da presentación, que imos dicir, en que momentos imos dividir, quen vai intervir, que medios imos utilizar,…

En concreto:

  • Reflexionamos sobre materiais e dispositivos adecuados para o tipo de traballo tentando que a nosa presentación sexa eficiente.

  • Revisamos os lugares e os accesorios que temos a intención de utilizar.

  • Preparamos as axudas visuais (transparencias, diapositivas demostración, etcétera), comprensibles e atractivas para a presentación e apoio do noso discurso.

  • Asegurámonos de coñecer o funcionamento dos equipos e material que imos utilizar na nosa comunicación. Revisamos o equipo antes da presentación.

  • Pedimos a cooperación de persoas externas para axudarnos na xestión do evento.

 Entrada dun espectáculo con rótulos iluminados co anuncio "Estreno proxecto investigación. Grupo de traballo -Investigator-."

Imaxe creada en AddLetters

Recomendámosche que vexas o seguinte vídeo da Obra Social “la Caixa”: Speech mapping. Identifica las partes de una buena presentación.

 

Para saber máis

De novo o Proxecto Autodidacta, proponnos un cómic elaborado por Iván Lasso Clemente con instrucións básicas e importantes para facer unha presentación de diapositivas tipo Impress.

Para saber máis

PREZI é unha aplicación en liña moi interesante para facer presentacións dinámicas e vistosas. Temos a continuación un manual realizado polo Centro de Formación e Recursos do Profesorado de Ourense.

Para saber máis

Finalmente uns consellos para facer unha exposición oral.