Saltar navegación

Que é un proxecto?

Proxecto

Un proxecto é un conxunto de actividades ou tarefas relacionadas entre si e coordinadas para acadar un obxectivo determinado nun prazo concreto consistente en solucionar un problema ou satisfacer unha necesidade.

Foto de una escalera de caracol de piedra.

Escada de caracol en espiral. De 13delf2 en pixabay. Licenza: Dominio público.

De esta definición podemos extraer algunas de las características de los proyectos:

É temporal.

Temporal significa que cada proxecto ten un comezo e un final definido. O final alcánzase cando se lograron o obxectivo do proxecto ou cando queda claro que o obxectivo do proxecto non será ou non poderá ser alcanzado, ou cando a necesidade do proxecto xa non exista e o proxecto sexa cancelado. É dicir cando o problema se soluciona co resultado do proxecto, se é posible solucionalo.

No noso exemplo debemos solucionar o noso problema de introducir o sofá na casa nun tempo limitado (neste caso relativamente breve).

Obtense como resultado un produto obxectivo único.

Un proxecto crea produtos entregables únicos. Produtos entregables poden ser obxectos físicos terminados, servizos ou investigacións. En calquera caso (obxecto físico, servizo, investigación, produto dixital ou multimedia, campaña,…), o proxecto remata coa entrega do produto final único que soluciona o problema de orixe. Que sexa un (ou varios) produtos únicos significa que non son o resultado dun proceso cíclico.

O noso produto final é a entrega do sofá no interior da vivenda. O proxecto acábase e cúmprese o seu obxectivo cando isto se realizou.

É o resultado dun proceso ordenado e gradual.

A elaboración gradual significa desenvolver en pasos e ir aumentando mediante incrementos. Desenvolveremos o proxecto como resultado dunha serie de tarefas ou actividades coordinadas e ordenadas en fases, de forma que non se pode realizar unha fase ata que non se completou a anterior.

Algo aparentemente tan sinxelo como esta historia do sofá ten que solucionarse mediante unha serie de pasos e tarefas ordenadas que comezarán, inevitablemente, por deseñar e planificar unha solución; que despois se executará de forma gradual ata alcanzar o obxectivo.

Recomendación

Complicado? Non te preocupes, é moito máis sinxelo do que che parece. De feito seguro que ti desenvolviches moitos proxectos na túa vida aínda sen ser consciente diso. Moi a miúdo xórdennos problemas, cotiáns e sinxelos ou máis complexos; ou detectamos necesidades (ou ben nolas creamos) que esixen a nosa atención. Podemos ter máis ou menos éxito nestes obxectivos, pero seguro que obteremos bos resultados se aplicamos o método de proxectos. Se te adestras nas fases e tarefas do traballo en proxectos moi posiblemente cando te enfrontes a un reto ou a un problema aplicarás este método de maneira automática e obterás mellores resultados.

Reflexiona

Pensa nun problema cotián concreto que teñas que solucionar, ou un reto que te propuxeras. É temporal? O seu resultado sería algo concreto e obxectivo? É necesario realizar unha serie de accións e tarefas de forma gradual para conseguir este resultado?

O proxecto explicado graficamente.

O proxecto. Manuel Torres Búa. Licenza: Creative Commons BY-SA