Saltar navegación

Organizar, Programar e Controlar.

Máis adiante vas ver en detalle as fases nas que podemos dividir un proxecto. Antes imos deternos nestes tres conceptos crave: organizar, programar e controlar.

Organizar

Organizar é estruturar ou dispoñer a realización de algo de maneira óptima (un proxecto) pensando en todos os detalles e distribuíndo convenientemente os medios materiais e persoais cos que se conta e asignándolles funcións determinadas.

A partir de «organizar - Definición - WordReference.com». [En línea]. Disponible en: http://www.wordreference.com/definicion/organizar. [Accedido: 13-ago-2015].

O resultado de organizar é unha organización, que pode ser a estrutura que se creou para cumprir estas funcións.

Programar

Programar é idear e ordenar no tempo as accións que se realizarán para cumprir un determinado obxectivo.

A partir de «Definición de programación - Qué es, Significado y Concepto». [En línea]. Disponible en: http://definicion.de/programacion/. [Accedido: 13-ago-2015].

O resultado de programar é unha programación ou plan.

Controlar

Controlar é verificar ou comprobar o funcionamento ou evolución dunha cousa ou proceso.

A partir de «controlar - Definición - WordReference.com». [En línea]. Disponible en: http://www.wordreference.com/definicion/controlar. [Accedido: 13-ago-2015].

O resultado de controlar é un control.

Seguro que escoitaches estes tres termos aplicados a outras cuestións. Con todo é habitual mesturalos ou usalos sen demasiado rigor. No que nos interesa neste momento, o proxecto, con estas definicións queda bastante claro. Nun proxecto organizamos, planificamos e controlamos continuamente. É verdade que na vida dun proxecto hai unhas etapas nas que claramente predomina a organización: proponse o problema ou necesidade, estúdase, investígase e deséñase unha solución. A etapa seguinte é fundamentalmente a de programar a execución tal como organizámolo. Finalmente nas etapas nas que se executa a solución, divúlgase e avalíase predominan as accións de control.

Estamos continuamente organizando, programando e controlando. Dá igual na etapa na que esteamos, cando emprendemos unha nova tarefa repetimos o ciclo organizar, programar, controlar. Cando temos unha sesión de traballo en grupo, a propia sesión ten ciclos de organizar, programar e controlar. Por tanto son os conceptos crave no traballo nun proxecto.

Ciclo O-P-C. Manuel Torres Búa. Licenza: Creative Commons BY-SA.

 

Cando organizamos, programamos e controlamos proxectos estamos a xestionalo. A xestión dun proxecto é o conxunto de operacións e decisións que se toman sobre el para cumprir os obxectivos propostos desde o seu nacemento ata o seu peche. Con este curso o que pretendemos é que aprendas a xestionar os teus proxectos, que che convertas en Project management.

Para saber máis

Artigo: Gestión de proyectos na Wikipedia, que empregamos como unha das fontes para este apartado.

  Acceso ao artigo da Wikipedia Gestión de proyectos .

Vídeo: ¿Qué es la gestión de proyectos? en Youtube.

   Acceso ao vídeo de Youtube ¿Qué es la gestión de proyectos?.