Skip to Content

Oferta educativa | Educación Secundaria presencial | Estrutura, Organización e Materiais Didácticos

Educación Secundaria presencial

Estrutura

Na Educación Secundaria para Adultos o ano académico divídese en dous cuadrimestres:

  • Primeiro Cuadrimestre: da última semana de setembro á primeira semana de febreiro.
  • Segundo Cuadrimestre: da segunda semana de febreiro á última semana de xuño.

En cada un dos cuadrimestres poden cursarse todos os ámbitos dun nível, polo que a etapa completa poderá realizarse, con carácter xeral, en dous cursos académicos. Non existe limitación temporal de permanencia nesta modalidade de ensino.

Organización e Secuenciación dos Contidos

Os contidos, adaptados ás necesidades e intereses das persoas adultas, agrúpanse en tres ámbitos:

  • Ámbito Científico-Tecnolóxico (contidos de ciencias naturais, matemáticas, tecnoloxia)
  • Ámbito Comunicación (contidos de lingua castelá, lingua galega e lingua estranxeira)
  • Ámbito Social (contidos de ciencias sociais, xeografia e historia).

Cada un destes ámbitos estructúrase en catro níveis ou módulos (1º, 2º, 3º e 4º) , equivalentes a 1°, 2º, 3° e 4º da E.S.O. Nesta modalidade presencial os módulos distribúense de forma diferencial nos cuadrimestres.

No primeiro cuadrimestre ofértanse os módulos 1º e 3º e o alunado pode incorporarse a un dos dous módulos segundo os estudos realizados anteriormente (Ver Equivalencias).

No segundo cuadrimestre ofértanse os módulos 2º e 4º e o alunado pode comezar por calquera deles segundo os estudos realizados anteriormente (no caso de alumnos que se matriculan por primeira vez no Centro) ou segundo os ámbitos aprobados (ver Criterios de Promoción) no primeiro cuadrimestre.

 

Materiais Didácticos

Na modalidade presencial empréganse os materiais didácticos (libros de texto, apontamentos,  leituras, ...) que o profesorado responsábel de cada ámbito indicar. Pode consultar a sección de Departamentos (tamén con ligazóns permanentes na parte dereita da páxina web) para máis información sobre os docentes de cada materia.



page | by Dr. Radut