Skip to Content

Oferta educativa | Ensino básico Inicial | Nivel II

Horarios EBI 2:

VOLVER A EBI 1

 

GUÍA DIDÁCTICA EBI 2

É un ensino pensado para persoas adultas que necesitan ou desexan:

  • Consolidar as técnicas de lecto-escritua, cálculo e coñecimento do medio social e natural coa finalidade de acceder á educación secundaria para persoas adultas ou seguir con garantías cursos de cualificación profesional.
  • Potenciar a súa participación activa na vida social, cultural, política e económica.

É un ensino voluntario e gratuíto (só hai que mercar algún material didáctico).

As clases son diarias e séguese un proceso de avaliación continua.

No centro ofértanse dúas quendas (mañá e tarde) para dar resposta as necesidades horarias do alumnado. 

Metodoloxía e Duración do Nivel II

O currículo organízanse en tres ámbitos: "Comunicación", "Matemáticas" e "Natureza e Sociedade".  Os contidos son secuenciados de forma lóxica e progresiva de acordo coa súa dificuldade, ao tempo que se persegue un tratamento globalizado dos mesmos.

Os grupos tenden a ser reducidos, con metodoloxía individualizada, con materiais específicos e con un mínimo de 16 períodos lectivos semanais.

Organízase para que se poda cursar nun ano académico. En todo caso, a permanencia do alumnado neste nivel é flexíbel e dependerá do seu propio ritmo de aprendizaxe e do correspondente logro dos obxectivos establecidos. 

Matrícula e Documentación para Nivel II

Lugar: na Secretaría do Centro (ver Secretaria Horarios).

O período de matrícula está aberto durante todo o curso, sempre que a disponibilidade do centro o permita. Consultar previamente.

O alumnado que solicite por primeira vez matricularse no nivel II de persoas adultas deberá presentar a seguinte documentación:

  • Solicitude de matrícula Nivel II.
  • Tres fotografías tamaño carné, co nome escrito por detrás.
  • Fotocopia DNI ou Pasaporte, en folio sen recortar.


Normas para o Alumnado do Ensino Básico Inicial 

  • É un ensino presencial pensado para persoas adultas, con clases diarias e avaliación continua. Polo tanto a asistencia á clase con puntualidade e a participación nas actividades de aula son obrigas básicas dos alumnos/as que optan por esta modalidade de ensino.
  • As faltas de asistencia e/ou de puntualidade reiteradas sen xustificación ou autorización previa ás actividades de formación son motivo de perda do dereito de avaliación continua.

     Son igualmente obrigas do alumnado:

  • Seguir as orientacións do profesorado con atención.
  • Non dificultar a actividade educativa de aula a compañeiros e profesores.
  • Non facer uso de aparatos reproductores de son e telefonía móbil no interior do recinto escolar.
  • Respeitar o dereito ao estudo dos compañeiros.
  • Coidar e utilizar correctamente os bens e instalacións do centro e respetar as pertenzas dos demáis.
  • Non esquecer a prohibición de fumar en todo o recinto escolar segundo a normativa vixente.
  • Os danos causados repararanse ou pagaranse. E os bens sustraídos repoñeranse. No caso de menores, os pais ou titores legais serán responsábeis.
  • Serán obxecto de corrección os actos no recinto escolar, nas actividades complementarias ou extraescolares, e todos os motivados ou relacionados coa vida escolar e que afecten aos membros da comunidade educativa.
 
AdxuntoTamaño
3. EBI 2 MAÑÁ.pdf621.54 KB
4. EBI 2 Tarde Semipresencial.pdf620.22 KB
GUÍA DIDÁCTICA EBI 2 curso 2024-2025.pdf461.68 KB


page | by Dr. Radut