Consulta as últimas novidades no noso TABOLEIRO.
Consultas e atención ao público
Diríxete ao enderezo eoi.pontevedra@thatsenglish.com ou solicita información na propia Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra no teléfono 886 159 121.
De luns a venres das 10.00 ás 13.30 horas.
Prazo de matrícula (Para o curso 2024-25)
Matricúlate axiña!
Proba de nivel (Proba Vía)
Podes realizar a proba de nivel durante o período de matrícula (do 2 de setembro ao 31 de outubro) sen compromiso e de xeito gratuíto nesta ligazón, que activaremos o primeiro día de matrícula. Podes consultar o manual para a realización desta proba premendo aquí.
Comezo das clases
Saber inglés nunca che custará menos...
That´s English é un curso de educación a distancia para aprender inglés ao teu ritmo, porque nós poñemos todo para que tí só teñas que te preocupar do más importante: aprender. Vas contar cun excelente material didáctico: libros de vocabulario e gramática, CD audio, guías do curso, os programas de televisión dispoñibles en DVD e acceso en liña á plataforma e-learning, con material didáctico complementario.
Ademáis, terás práctica oral nas titorías presenciais impartidas por profesores da Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra. Así, poderás completar a túa formación e superar con éxito os exames que realizarás ao final de cada módulo.
O curso que che dará acceso aos exames de Certificación das Escolas Oficiais de Idiomas e che permitirá obter os Certificados Oficiais de Nivel Básico A2, Intermedio B1, Intermedio B2 e Avanzado C1.
Máis información
Para facer calquera consulta relativa ao programa, infórmate no teléfono 91 108 61 01 ou na web http://www.thatsenglish.com/.